La Tienda Republicana

David Rodríguez visita as zonas de Ourense máis afectadas polos incendios dos últimos días

10/09/2016

O nº 2 da candidatura ourensana de En Marea e bombeiro de profesión, visitou de urxencia a zona de Monterrei acompañado doutros/as representantes da formación para comprobar in situ o estado dos lumes que teñen arrasado máis de 4.000 hectáreas na provincia nos últimos días.

Visita dos representantes da candidatura ourensana / En Marea

No caso do lume de Oímbra, o máis grande en activo, a parroquia de Vences está en situación 2 de emerxencia debido á proximidade do lume ás súas casas, así como os núcleos de Espiño e Bouxés. A veciñanza da zona trasladou a tristeza e a indignación que lles produce que ano tras ano se repita a situación e que a Xunta non interveña limpando o monte para que chegado o verán non se produza esta traxedia.

Desde En Marea, David Rodríguez sinalou que só cun cambio profundo nas políticas do rural esta traxedia ecolóxica, económica e humana terá solución. Desde En Marea, proponse revitalizar o rural evitando a desertización, ordenar o territorio galego, encamiñar o modelo cara un monte cunha funcionalidade múltiple e cara a explotación de madeira de alto valor engadido. Se o monte deixa de ser un problema para ser percibido pola poboación do rural como unha oportunidade, mellorará substancialmente a situación.

En Marea entende, e así llo expresaron os/as candidatos/as da provincia de Ourense que se ten que incrementar o esforzo en prevención e promover a educación ambiental na poboación, camiñando cara un modelo de extinción profisionalizado e público, evitando así a especulación das empresas privadas na extinción dos lumes.

David Rodríguez ironizou cos que son os responsables políticos desta situación: o Partido Popular de Galicia que a semana pasada a través do seu vicepresidente Alfonso Rueda, sinalou que o dispositivo contra os lumes é de “alta eficacia” e que a meteoroloxía e a intencionalidade son as culpables desta situación e falta de chuvia.

"Gostaríanos sinalar que segundo a Lei de Montes de Galicia do Partido Popular di que os traballos de prevención de incendios teñen que estar rematados os 30 de xuño de cada ano, polo que vemos o gobernó Feijoo é o primeiro en incumplir a súa propia Lei. A impovisación do goberno do PP lévanos a ver tractores realizando traballos de rozas mecanizadas nos montes durante o verán cos conseguintes riscos que eito conleva" -afirmou o candidato-.

Temas: 

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.