La Tienda Republicana

Galicia suspende a campaña electoral logo do accidente ferroviario na localidade pontevedresa de O Porriño

09/09/2016

Os actos previstos das catro principais formacións políticas foron cancelados este venres logo do suceso, que ata o de agora deixa catro vítimas mortais e unha cincuentena de persoas feridas.

Imaxe do accidente ferroviario desta mañá nas inmediacións de O Porriño / youtube.es

O accidente do convoio, que circulaba con 63 persoas a bordo e partiu da estación de Vigo ás 9:02 con destino a Oporto, prodúxose a tan só 200 metros da estación da localidade por causas aínda sen determinar.

As caravanas electorais de En Marea, PSdG, PP e BNG canceláronse tras ter coñecimento dos feitos. Renfe e Adif expresaron o seu pesar polas vítimas e o Ministerio de Fomento ven de activar o Plan de Asistencia a Vítimas de Accidentes Ferroviarios e os seus Familiares (PAVAF).