Antón Sánchez critica o escándalo das "compensacións" da Xunta aos afectados polos lumes do mes de agosto

09/09/2016

O cabeza de lista de En Marea pola provincia da Coruña denuncia a manobra coma un "intercambio de votos por diñeiro público" do Goberno do PP e pregúntase cal é o motivo para aprobar as axudas sen establecer en primeira instancia a contía e si a poboación que sufriu tamén os lumes en xuño e xullo vai quedar excluída.

Antón Sánchez, cabeza de lista pola provincia da Coruña / En Marea

Sánchez alerta ademáis de que as axudas prometidas "nin sequera son seguras" e que "están supeditadas ao que decida a UE", polo que a medida electoralista do candidato popular convirte o proceso electoral "nun bazar chinés" no que Alberto Núñez Feijóo "cree que pode tapar con cartos que non ten a a toda presa, sen xeito nin garantías, para uns sí e para outros non, a falta de políticas de dúas lexislaturas" pensando "que pode borrar a memoria da xente". Sen embargo, "as galegas e galegos teñen memoria e non se venden por promesas baleiras".

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.