La Tienda Republicana

Luís Villares: “En todas as provincias temos probas da miseria moral e política de Feijóo e o seu goberno que provocou sufrimento na xente co único obxectivo de cumprir coa Troika”

04/09/2016

O candidato á presidencia da Xunta xunto co cabeza de lista de En Marea pola Coruña, Antón Sánchez, e a número 2, Luca Chao, participaron esta semana nun encontro aberto á cidadanía nas Pontes.

Un momento da intervención de Luis Villares en As Pontes / En Marea

O candidato á presidencia da Xunta falou do engano a que foi sometida á cidadanía a quen se lle convenceu de que non había alternativas a comprar unha vivenda e ninguén nos desenganaba e os que si advertían da burbulla inmobiliaria os acusaban de non saber do que falaban.  Un engano para poder continuar facendo negocio e aumentando o prezo das vivendas. O poder político estaba no allo, foi creo as condicións para que o poder económico puidese impoñer as súas condicións nas normas por medios duns políticos que eran uns meros monicreques e que traballaban para eles.  Tivemos que chegar a Europa para demostrar as inxustizas que estaban acontecendo no noso país. Villares relatou a súa experiencia como xuíz e todas as trabas que lle puxeron tamén aos xuíces para defender os intereses da cidadanía contra os ataques dos poderes económicos e políticos.

Esta experiencia é a que leva ao candidato de En Marea a falar das “miserias de Feijóo, de goberno miserable, de líder e equipo miserable, e paréceme un termo amable despois de ver como en Lugo semana tras semana durante tres anos entraban pleitos por pensións denegadas por parte da Xunta de Galicia a dependentes que tiñan dereito a ela simplemente para cadrar as contas a final de ano, xente desesperada que non tiñan para atender aos seus familiares mentres Feijóo sacaba peito de cumprir coa Troika” denunciou Villares.

“Falar de sufrimento é a realidade, a fiscalía do TS dixo na primaveira que había cargos da Xunta que deberían ser sentados no banquillo por prevaricación e homicidio imprudente por denegar a enfermos de hepatite C medicamentos aos que tiñan dereito para se curar e os deixaron morrer simplemente para cadrar o déficit. Isto é sufrimento, é miseria moral e miseria política inaceptable. Qué candidato se presenta con este historial, qué candidato se presenta sen dimitir nin facer dimitir a ninguén, pois un candidato miserable. Isto na Coruña, pero en Ourense e en todas as provincias temos exemplos desta miseria. É a desfachatez, a desvergoña” salientou Luís Villares.

O cabeza de lista da candidatura pola Coruña, Antón Sánchez, salientou que desde En Marea  “loitamos contra Feijoo, o Partido Popular e os seus poderosos amigos que os financian a cambio de favores”. “Teñen pánico a perder os seus privilexios que durante todos estes anos Feijoo lles concedeu contra o intereses da xente. Vencer a este entramado é fundamental para que o futuro sexa para todos e non para uns poucos" destacou o cabeza de lista pola Coruña.

A número 2 da candidatura pola Coruña, Luca Chao, destacou a “enorme responsabilidade individual e colectiva” que supón “estar á altura dos tempos porque esta vez o proceso de cambio en Galicia pódese gañar”. “En Marea traballará para acadar unhas institucións abertas, accesibles, transparentes e ao servizo das galegas e dos galegos dando prioridade ao servizos públicos de calidade” concluíu.

Temas: 

Comentarios

Enviado por Belenos (no verificado) el

El principal responsable del obligado cumplimiento con la troika es quien cambio el articulo 135. Esto no hace bueno al gaseosas-feijo. pero las cosas claras....ah claro,  que vais a pactar con la derecha moderada- a veces disimula, a veces no- llamadaPxxE, Mal empiezas, pero que se puede esperar de una pieza fundamental (un juez) para el mantenimiento de esta farsacracia representativa. Que pena, hay oligarcas nuevos.
Salud

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.

Comentarios

no cuela