La Tienda Republicana

En Marea participou esta mañá na manifestación convocada por SOS Sanidade Pública en Vigo para reivindicar o rescate do sistema sanitario do PP

04/09/2016
O candidato á presidencia da Xunta de En Marea asegurou que “a privatización non só é mala xestión senón que é precariedade, portas xiratorias e corrupción. Afirmou Luís Villares: “Feijóo é o candidato-conselleiro de Pemex e das portas xiratorias que vendeu a sanidade pública as multinacionais para facer o seu propio negocio”
 
O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, xunto coa cabeza de lista por Pontevedra, Carmen Santos, e os candidatos e candidatas Marcos Cal, Eva Solla, Juan Merlo, Julia Torregrosa e Carlos Meixome, participaron esta mañá na manifestación romaría convocada por SOS Sanidade Pública en Vigo para reivindicar o rescate do noso sistema sanitario público atacado polo goberno de Núñez Feijóo a través das privatizacións e os continuos recortes.
 
 “O PP é o partido das portas xiratorias daqueles que traballan nas multinacionais despois de ter traballado para elas” denuncio o candidato á presidencia da Xunta que asegurou que “Feijóo é o candidato, conselleiro de Pemex, que vendeu a sanidade pública á privada para facer o seu propio negocio”. Unha privatización que supuxo peche de camas, ausencias e deficiencias de servizo, precariedade laboral, todo iso nun hospital novo e recen aberto como destacou Villares. “A privatización non só é mala xestión senón que é precariedade, son portas xiratorias e corrupción” incidiu.
 
Fronte aos ataques de Feijóo que busca dinamitar a nosa sanidade pública galega, desde En Marea apostan por garantir o dereito á saúde e o dereito ao acceso universal ao sistema sanitario público no noso país. Así, unha das prioridades de En Marea tras a súa chegada ao goberno da Xunta de Galicia o vindeiro 25 de setembro será recuperar para o control público toda a sanidade que foi destruída e privatizada polo goberno de Núñez Feijóo. 
 
Ante as políticas privatizadoras  do PP ao servizo das multinacionais, En Marea traballará a partir do día 25 de setembro por unha sanidade pública para todas e todos e por un país máis xusto.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.