La Tienda Republicana

CxG propón reformular as funcións da Real Academia Galega

01/09/2016

O secretario xeral de Compromiso por Galicia e candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Xoán Bascuas, e o candidato pola Coruña, Xavier Alcalá, defenderon a necesidade de revisar as funcións da Real Academia Galega, para potenciar a defensa do idioma galego. “Queremos promover un debate amplo e sereno sobre a Real Academia, porque o idioma necesita de mecanismos de defensa e de promoción, e unha institución máis crítica cos ataques sistemáticos dunha administración galega dirixida desde Madrid” -sinalaron-.

Real Academia Galega / wikiwand.com

O secretario xeral de Compromiso por Galicia e candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Xoán Bascuas, e o candidato pola Coruña, Xavier Alcalá, defenderon a necesidade de revisar as funcións da Real Academia Galega, para potenciar a defensa do idioma galego. “Queremos promover un debate amplo e sereno sobre a Real Academia, porque o idioma necesita de mecanismos de defensa e de promoción, e unha institución máis crítica cos ataques sistemáticos dunha administración galega dirixida desde Madrid” -afirmaron-.

Dende Compromiso por Galicia lamentan a falta de resposta desta institución ante os comportamentos da casta política nun momento complicado para o galego e propoñen transferir a responsabilidade de estudar e ofrecer respostas aos problemas do idioma a un grupo de especialistas dentro dunha entidade que poida garantir a súa absoluta independencia do poder política formación galeguista tamén defende que este debate se estenda ó Instituto da Lingua Galega e o Consello da Cultura Galega “porque necesitamos entidades dinámicas e totalmente operativas para os retos do futuro”.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.