La Tienda Republicana

En Marea aposta por reforzar os servizos de extinción de incendios con emprego público de calidade incidindo na prevención

24/08/2016

Recuperar as terras agrarias, buscar o consenso nun pacto a longo prazo en defensa do monte galego, e avanzar na comarcalización do país son algunhas das propostas do programa de En Marea presentadas esta mañá.

Luis Villares durante a presentación do plan forestal da súa candidatura / En Marea

Recuperar as terras agrarias, reforzar o servizo de extinción de incendios con postos de traballo públicos e de calidade, e integrar a todos os sectores nun pacto ao longo prazo en defensa do monte galego que permita defender a riqueza económica, medio ambiental e social do noso monte. Estas son as algunhas das propostas de En Marea en materia de política forestal, medio ambiente e medio rural incluídas no seu programa electoral e que presentou esta mañá no Monte Pedroso  en Santiago de Compostela.

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, destacou a necesidade de apostar pola comarcalización que permita dotar do ámbito adecuado para superar as limitacións dos concellos e deputacións e tendo as comarcas como punto de partida para as políticas de investimento que garantan que toda a xente teña acceso aos servizos públicos a unha distancia adecuada. “Queremos un rural verde vivo fronte un Feijóo que o tinguiu de gris cinza. Só un rural vivo, e unha correcta xestión do monte pode garantir acabar cos incendios e dar un futuro” asegurou Luís Villares. “Establecer novas infraestruturas que superen aos concellos avanzando na comarcalización, o que non ten sentido e fusións con realidades socioeconómicas diferentes e comarcas diferentes o que demostra que non ten plan para Galicia. Estamos pensando en clave de país” explicou o candidato á presidencia da Xunta de Galicia.

O cabeza de lista de En Marea pola Coruña, Antón Sánchez, denunciou o total abandono do rural por parte do goberno de Núñez Feijóo nos últimos anos, “unha das causas da situación do medio rural e dos lumes no noso país”.  “Non hai quen destruíse máis emprego que Feijóo no medio rural galego, un de cada tres nos últimos anos. Ninguén pecha tantas explotacións lácteas, ninguén ten os prezos tan baixos para a leite, e case ninguén so unha comunidade autónoma executa tan mal os fondos europeos para medio rural” denunciou Antón Sánchez. Deste xeito os anos de goberno de Núñez Feijóo poden considerarse como unha oportunidade perdida para o noso país “pero aínda hai alternativas para facer do rural galego un rural vivo e con futuro, cun novo modelo de ordenación centrado na comarcalización que permita traballar de xeito adecuado”.

Revitalización dos sectores produtivos, aplicar coñecemento é outra das apostas de En Marea. Talento coñecemento e capacidade da xente das universidades públicas o poida facer no servizo público de investigación contratación para oficinas de información comarcal que foron desmanteladas durante todos estes anos. “Non é intelixente aforrar un peso en persoal cando se están sen executar millóns de euros dos fondos europeos” afirmou o cabeza de lista pola Coruña que tamén se referiu ao sector lácteo comprometéndose con poñer coto aos abusos da distribución, e nomeadamente ao prezo do leite. “Hai normativa suficiente se a Xunta quere, non fai falla máis lexislación” asegurou Sánchez. Elaborar un plan industrial de transformación con plan específicos para os distintos sectores produtivos que teñen futuro e poden ser un niño de emprego no noso país foi outra das propostas de En Marea para o noso rural.

A número 2 pola Coruña, Luca Chao, lamentou que o goberno de Núñez Feijóo continúe a “mirar cara outro lado e diminúe os recursos, privatizar os servizos de extinción de incendios e aprobar unha Lei de montes vergoñenta que permite a recalificación de terreos queimados e incumpre a súa propia normativa”. “Con máis de 9.000 hectáreas arrasadas no noso pais, e mentres somos o 7,7 por cento da superficie forestal do Estado, concentramos case o 50 por cento dos lumes” lamentou Luca Chao. “Comprometémonos con poñer en marcha unha nova política forestal que conte con todos os axentes implicados. Falaremos coas persoas que traballan, coidan e viven no medio rural. Sistema e extinción público que mellore as condicións laborais, recoñecer figura bombeiros forestais garantir dereitos, condicións” salientou a número 2 pola Coruña.

O coordinador de Programa en medio ambiente e medio rural, Xavier Simón, pola súa banda destacou a aposta de En Marea por unha Galicia viva e sustentable ao servizo das persoas. Construír unha nova Galicia con propostas formuladas de xeito participativo. A concelleira de Medio Ambiente da Coruña, María García, presente tamén no acto de En Marea puxo de manifesto a necesidade de poñer solución a grave problema dos incendios no noso país. Así sinalou a necesidade de apostar pola corresponsabilidade e consenso entre as institucións algo que agora mesmo “ten moito que mellorar”.

Temas: 

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.