La Tienda Republicana

Luís Villares: “Somos o exercicio social da dignidade fronte a miseria moral de Feijóo e por iso imos recuperar ás institucións para á xente en clave radical e de xustiza e compromiso social”

21/08/2016

O parque das Galeras de Santiago de Compostela acolleu hoxe a presentación pública das candidaturas de En Marea para as vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia. O encargado de presentar o acto, o alcalde de Santiago Martiño Noriega, salientou a forza e ilusión “desta ferramenta útil que superou os patriotismos partidarios” e que “está mandatada para provocar un cambio neste país poñendo as institucións ao servizo dos e das máis”. “Estamos nun momento histórico, que chegou dunha demanda cidadá para reflictir unha maioría social que non se ve representada e que foi atacada por Feijóo durante os últimos anos, diversa e plural que se reflicte nas listas que presentamos” asegurou Martiño Noriega.

Imaxe de grupo da candidatura liderada por Luis Villares / En Marea

O cabeza de lista de En Marea pola provincia da Coruña, Antón Sánchez, arrancou a súa intervención agradecendo “a toda a xente que levan anos traballado pola xente do común, polos máis desfavorecidos, deixando de lado os egoísmos persoais e arriscando moito” entre eles destacou de xeito especial ao alcalde de Coruña, Xulio Ferreiro, de Santiago, Martiño Noriega e de Ferrol, Jorge Suárez, “pola súa valentía e por levar paos, a Xosé Manuel Beiras un mestre para moitos de nós, aos compañeiros daquela xestora e coordinadora provisional, e todos e todas as que colaboraron nas primarias, compañeiros de todas as candidaturas”. “Estamos en condicións de disputar ao PP as eleccións en Galicia. Fala moi pouco do seu balance e falando de nós, para agochar as propostas de futuro que non ten, quere xerar ruído para que non se vexan as nosas propostas que si as temos” sinalou Sánchez.

A cabeza de lista de En Marea por Pontevedra, Carmen Santos, salientou a grande responsabilidade moral e ética que tiña En Marea “e por iso estamos aquí”. “Foi un camiño con distintas curvas, nunca dubidei como tampouco o fixo o 99 por cento que nos iamos a presentarnos xuntos. Tivemos papel de xenerosidade e de responsabilidade porque Galicia non pode deixar pasar este momento . Queremos facer política para ao 99 por cento, queremos construír e fortalecer unha Galicia mellor e con futuro para os nosos maiores e para os noso mozos” rematou Carmen Santos a súa intervención.

 A seguinte en falar foi a cabeza de lista por Ourense, Ánxeles Cuña Bóveda, que salientou o “colectivo talentoso, enérxico e forte” que conforma as candidaturas de En Marea para as vindeiras eleccións galegas.  Unha alternativa sólida e necesaria o obxectivo é o ben común e cumprindo desde o primeiro momento os principios de transparencia, participación. “A ilusión contra a desesperanza e a desmembración de todos os sectores que levou a cabo o PP durante este anos” destacou.

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia e cabeza de lista por Lugo, Luís Villares, arrancou cunha referencia a Manuel María que “ dicía que unha palabra vale máis que mil imaxes, hoxe a palabra é: unidade”. “Galicia tivo uns gobernantes que non merecía, non estiveron á altura da xente. Manuel Rivas dicía que os nenos non querían nacer porque non sabía o futuro que lles esperaba no noso país, e a xente que nace ten que emigrar. Os traballadores de calquera sector ven como as súas condicións laborais e salariais con cada vez máis precarias. As horas pasan moi lentas nas casas dos que non teñen traballos, horas que pasan rápidos nas casas dos que van ser desafiuzados. O tempo volvese angustioso e reflíctese nos ollos de aqueles que ven que a súa pensión reducida e teñen que repartila cos seus fillos e netos e sen saber se aqueles que tiveron que marchar van poder volver porque os seus gobernantes non lle deron unha oportunidade de vivir con dignidade na súa terra” declarou Luís Villares. Unha situación que asegurou “produce indignación, a que nos obrigaba a saír as rúas, as prazas e facer visible que estamos fartos de que nos tomen o pelo, que sabemos quen no las está facendo e sabemos os motivos polos que o fan”.

Unha situación da que a maioría social non é responsable, “non somos responsables da situación económica onde nos meteron, da burbulla inmobiliaria, dun sistema bancario que nos bota das nosas casas, de traballar e non dar vivido do traballado, do burato no que nos meteros a nivel social e económico, de que nos prohíban dar as matemáticas en galego. E por iso estamos hoxe aquí” asegurou o candidato de En Marea á presidencia da Xunta.

 “A indignación e a fase de alerta de espertar do letargo, o paso seguinte é o compromiso, e iso é o noso compromiso coa xente deste país. Queremos ser a solución dos problemas de Galicia non abonda con berrar, e iso é o que vimos facer en clave comprometida, en clave de xustiza social” comprometeuse Villares. “Feijóo é a miseria moral e política de quen abandona aos seus, é a mensaxe de insolidariedade de traballar so para os amigos, é a cara sen fondo. Nos somos a maioría da solidariedade, da dignidade, dun espazo de carácter social e político. Non somos a miseria moral de Feijoo, somos o exercicio social da dignidade” afirmou.

Feijoo representa a preguiza, os brazos caídos, a resignación, queremos recuperar un autogoberno forte á altura deste país. Representar a igualdade formal pero tamén material fronte esa renuncia de dereitos e que empregou o autogoberno nesa clave de abandono e aínda así cansou, e ten que levar un banco por todo o país. Senta con nós pero desta volta o banco será público. Feijóo dixo que se non gañaba as eleccións marchaba, xa podes ir facendo as maletas. Hai unha marea multicolor, que suma, que multiplica. Para goberno negro e días grises xa chegaron eles. Imos lles sacar as cores aos que ata agora estiveron atacándonos e roubándonos. Temos un compromiso radical coa democracia participativa, económica e con recuperar as institucións para á xente en clave radical de xustiza e compromiso social” concluíu o candidato de En Marea á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares.
 
CANDIDATURAS OFICIAIS DE EN MAREA AO PARLAMENTO DE GALICIA

A CORUÑA

Antón Sánchez García
Luca Chao Pérez
José Manuel Lago Peñas
Magdalena Barahona Martín
Francisco Pancho Casal Vidal
Flora María Miranda Pena
Xan Xove González
Mariló Candedo Gunturiz
Carlos Palacios Suárez
Lorena Dapena
Daniel Alejandro Calvete Suárez
Iria Otero Romero
Gonzalo Rodríguez Rodríguez
María Antonia Trillo Blanco
Xosé Xabier Ron Fernández
Vanessa Vidal Freire
Enrique Costas Bastero
Sara Torreiro Rodríguez
Borja San Ramón Tizón
Dores Torrado Ares

LUGO

Luis Villares Naveira
Paula Vázquez Verao
Víctor Andrés Álvarez Arias
María Isabel García Díaz
José Manuel “Josito” Pérez Afonso
María Victoria Esteban Riesco
Bernardo Fraga Galdo
Natalia Prieto Fernández
Ildefonso Piñeiro Díaz
Vanessa Somoza Domíguez
Marcos Besada Álvarez

PONTEVEDRA

Carmen Santos Queiruga
Marcos Cal Ogando
Eva Solla Fernández
Juan J. Merlo Lorenzo
Paula Quinteiro Araújo
Xoan Hermida González
Julia Torregrosa
Mariano Abalo Costa
Noemí Martínez González
Juan Manuel Fajardo Recouso
Mar Blanco Casais
Marcelo Armendáriz Gil
María Consuelo Martínez García
Constantino Cordal Rodríguez
Sandra Pesqueira Pérez
Manuel González Moreira
Alhambra Martínez Cubillo

OURENSE

Ánxeles Cuña Bóveda
David Rodríguez Estévez
María Eva Gutiérrez Fernández
Xosé Manuel Pérez Bouza
Manuela Pérez Pérez
Ares Jiménez Soria
Rita González Pérez
Carlos Miguélez Soto
Alba Menor Doval
Jorge Lorenzo Vilas
María Sofía Díaz Gómez
Os cinco últimos postos das candidaturas das circunscricións da Coruña e Pontevedra, e os 3 últimos das de Lugo e Ourense, resérvanse para ser designadas entre persoas de significada traxectoria e relevancia simbólica no tecido social e político do País, persoas que serán escollidas pola Coordinadora Provisional de En Marea.

Temas: 

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.