La Tienda Republicana

En Marea demanda ao Goberno no Congreso medidas para a recuperación da praia luguesa de Covas

18/08/2016

Miguel Anxo Fernán Vello presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para trasladar á Administración central o deterioro e a regresión que sofre o areal de Covas debido ás obras portuarias.

Praia de Covas, en Viveiro (Lugo) / playea.es

O parlamentario de En Marea pón de manifesto na súa iniciativa “a regresión que desde hai anos sofre a Praia de Covas e que é obxecto dunha grande preocupación social na comarca porque observan como a súa praia urbana máis coñecida está a desaparecer debido ao impacto das diferentes obras portuarias”.

OBXECTO DE MOBILIZACIÓNS

Explica Miguel Anxo Fernán Vello que as numerosas obras do porto, así como dragaxes afectaron negativamente ás correntes mariñas, o que alterou o ecosistema do areal de Covas. De tal xeito que “a alteración das correntes mariñas provocou importantes perdas de área na zona da praia coñecida como Os Castelos, para se acumular no outro extremo, no Cembedo”.

O deputado de En Marea traslada ao Goberno as importantes movilizacións sociais realizadas na comarca por este problema. “A preocupación social levou a centos de habitantes da comarca a protagonizar en xullo unha cadea humana co propósito de reivindicar que se adopten medidas de protección do areal para evitar a súa perda”.

Colectivos de defensa da praia de Covas responsabilizan do deterioro do areal ao impacto das actuacións portuarias que danaron as correntes mariñas. “A necesidade de pór freo a esta situación é unha reivindicación unánime da comarca de A Mariña, no que existe total coincidencia política, social e económica”.

Miguel Anxo Fernán Vello formula unha batería de preguntas ao Goberno para saber que disposición ten a coordinar coa Xunta un Plan con medidas para recuperar e rexenerar a praia de Covas.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.