La Tienda Republicana

En Marea amplía o prazo de presentación de candidaturas para facilitar que Podemos Galicia se integre no proceso en pé de igualdade

11/08/2016

A coordinadora de En Marea vén de aprobar unha ampliación de 24 horas do prazo para presentar as candidaturas ás súas primarias (prolongaríase ata o mércores 10 de agosto ás 23.59h) para facilitar a integración de Podemos Galicia, que tamén podería incorporar membros nesta coordinadora provisional, en pé de igualdade no proceso de unidade popular que xa está en marcha.

Así se plantexou nunha xuntanza mantida esta semana coa dirección de Podemos Galicia, onde se lles convida a sumarse ao proceso de confluencia aceptando os acordos políticos referendados cun amplo consenso o pasado día 30 de xullo na asemblea constituínte de Vigo.

O procedemento, que busca garantir a igualdade de oportunidades entre o  conxunto dos axentes, mantería como requerimento principal para todas as persoas participantes ter asinado o manifesto dos alcaldes e cumprir o regulamento da Marea Constituínte aprobado colectivamente para o proceso de primarias: ademais de cumprir as condicións fixadas pola lei electoral, para presentar candidaturas haberá que ter asinado o manifesto dos alcaldes antes do 13 de agosto, asumir o Código Ético da Marea Constituínte e reunir 15 avais de tres concellos diferentes. No caso de optar á candidatura para a Presidencia da Xunta será necesario, a maiores, reunir o aval de 100 persoas, cun mínimo de 20 por provincia.

A coordinadora de En Marea valora moi positivamente as conversas dos últimos días coa dirección de Podemos Galicia e confía en que a flexibilización do calendario de primarias aprobada esta tarde contribúa á súa plena incorporación ao proceso, en pé de igualdade con calquera outro actor político e con lealdade aos acordos do pasado 30 de xullo, referendados por ducias de organizacións políticas, colectivos e mareas municipalistas.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.