En Marea solicitará Grupo Parlamentario no Congreso o próximo martes

24/07/2016

En Marea presentará este martes a solicitude de Grupo Parlamentario galego no Congreso dos Deputados, perante o contexto de conformación da nova lexislatura e do novo periodo de sesións que dá inicio.

Deputados e deputadas de En Marea ás portas do Congreso / En Marea

No hipotético caso de que se dea unha negativa da Mesa á lexítima esixencia de contar cun grupo parlamentario galego, En Marea anuncia o seu compromiso de desenvolver as medidas legais oportunas para que esta demanda democraticamente gañada, poida ter curso.

Nese caso, e no marco do diálogo e da alianza fraterna compartida con En Comú Podem e con Unidos Podemos e do compromiso coa unidade popular e cidadá, En Marea exercerá a interlocución e diálogo necesario de cara a ter un instrumento que defenda a cidadanía galega e manteña as características dun grupo parlamentario propio, a través da unidade coas confluencias do conxunto do Estado.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.