La Tienda Republicana

En Marea reclamará o seu dereito a contar con grupo parlamentario propio no Congreso dos Deputados

15/07/2016

A próxima semana as parlamentarias e parlamentarios de En Marea reivindicarán de novo no Congreso o dereito a constituír un grupo parlamentario propio, superados unha vez máis os requisitos do Regulamento de contar con 5 deputados na Cámara Baixa e lograr máis do 15% dos votos en todas as circusncricións.

Congreso dos Deputados / Wikimedia commons / Wikimedia commons
En previsión de que a vindeira semana se conforme a nova Mesa do Congreso trala constitución das Cortes, En Marea intensificará as conversas e negociacións coas diferentes forzas con representación no Parlamento e trasladaralles o requerimento de grupo, ao tratarse dun suxeito político autónomo e que de debe contar con expresión propia tal e como recoñeceu de novo o electorado nas eleccións do pasado 26 de xuño.
 
No caso de darse un novo bloqueo de PP, PSOE e Ciudadanos na Mesa do Congreso á creación de grupo propio, En Marea avaliará os diferentes escenarios e alianzas optando por aquel que lle dea unha maior autonomía e espazo e que lle permita aos seus parlamentarios unha maior efectividade á hora de defender os intereses de Galicia nas Cortes do Estado.
 
As parlamentarias e parlamentarios de En Marea acudirán este luns ás 12h a entregar ás súas credenciais no Congreso como deputados da XII Lexislatura. O martes día 19 terá lugar a constitución formal das Cortes.
Temas: 

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.