La Tienda Republicana

AGE insta ao Parlamento galego a posicionarse contra o TTIP

13/07/2016

O deputado e viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda Antón Sánchez afirma que opoñerse ao tratado é facelo a favor da defensa da democracia e que o que en realidade busca este acordo trasatlántico de libre comercio é "rebaixar as lexislacións ambientais, laborais e sociais europeas".

Manifestación contra o TTIP
Sanchez denunciou na presentación o 13 de xullo dunha Proposición Non de Lei (PNL) para rexeitar o acordo que unha das consecuencias do TTIP sería "a perda de soberanía dos diferentes parlamentos europeos" e "unha maior subordinación respecto dos lobbies e as empresas privadas". Sen embargo -engadiu o deputado "o que precisa esta Europa é máis democracia e máis soberanía" e por iso, "opoñerse ao TTIP é defender á democracia". 
 
Doutra banda, tal como reflicte o texto da PNL, "o TTIP pretende homologar as normativas europeas ás americanas, en xeral menos beneficiosas para as maiorías sociais" o que terá un impacto en múltiples campos, "desde a calidade dos alimentos ou medicamentos, pasando polos dereitos laborais das clases traballadoras".
 
O viceportavoz de AGE tamén falou da privatización efectiva da xustiza que suporán os mecanismos de resolución de controversias investidor-estado (Investment Court System) ou a reducción de aranceis para os alimentos cando Europa xa é excedentaria na producción dos mesmos. 
 
O TTIP NON É A ÚNICA AMEAZA 
 
Ademáis do TTIP, a Comisión Europea negocia o CETA con Canadá e máis o TISA con 50 países. Para Alternativa, "a simultaneidade entre a negociación sen luz e taquígrafos destes acordos por parte das élites europeas" fai pensar na existencia dunha ameaza "de escala planetaria" consistente "en separar cada vez máis as decisión políticas dos cidadáns e cidadás" recurrindo a superestructuras "no escrutadas democráticamente" para que o sistema capitalista occidental asegure a súa hexemonía no que outras potencias están a emerxer no globo, todo isto "en detrimento das maiorías sociais dos propios países da UE".
 
Por iso, AGE pediulle ao Parlamento o feito de instar á Xunta para declarar Galicia como territorio libre do TTIP "por tratarse dun acordo antidemocrático nas formas, lesivo para os intereses sociais económicos galegos e contrario aos dereitos cívios e laborais" da cidadanía, o que foi rexeitado polo Partido Popular, que botou man do argumentario de FAES para rexeitar a proposta.