O Deputado Antón Sánchez acusa ao Presidente da Xunta de "abuso de poder" contra os médicos da sanidade pública que denunciaron recortes

29/06/2016

O Viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda lembra que a Xunta  de Galicia é a única administración do Estado encausada por negarse a dispensar fármacos a doentes de hepatite C.

Protesta da Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C / Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C
AGE denuncia que "a escasa catadura moral de Alberto Núñez Feijóo quedou unha vez máis de manifesto "nos seus ataques contra o sistema sanitario público galego.  “Vostede ataca a traballadores públicos desde a súa posición poderosa, abusa da súa posición de poder para ameazar a médicos que cumprían co seu labor ético profesional e mesmo legal. Faino coa actitude propia dun matón”, expuxo o deputado Antón Sánchez na sesión de control ao presidente no pleno do Parlamento galego.
 
Sánchez fixo referencia ás declaracións de Feijóo a medios de comunicación nos que acusaba a médicos do Servicio Galego de Saúde (SERGAS) de “calumnias e insidias” por denunciar os efectos dos recortes sobre, concretamente, os doentes de hepatite C. “No se puede hablar de muertes por recortes por dos o tres pacientes’. Esa frase revela a súa catadura moral”, acusou o Viceportavoz de AGE ao Presidente da Xunta, “vostede, ademais, criticou os médicos que criticaron o retraso na dispensación de fármacos contra a hepatite C”. 
 
“Que é criticábel na actitude deses médicos? Leu vostede a denuncia da Fiscalía ou está poñendo en cuestión a xustiza?”, inquiriu Antón Sánchez, sen obter resposta algunha por parte do Presidente da Xunta que mesmo chegou descargar responsabilidades sobre o acontecido cos fármacos para a hepatite C sobre os médicos do Sergas e falou de “moral”.
 
 “Vai dar vostede leccións de moral, señor Feijóo? O amigo de Marcial Dorado e Pachi Lucas, que mantén a Baltar no seu posto, imputado o pai e imputado o fillo”, retrucou Sánchez. “E vostede dirá o que queira, pero a Xunta é a única administración do Estado encausada polo recortes”, engadiu, “debería ter vostede máis continencia, máis humildade e menos soberbia, ter tacto coas familias dos que morreron”, en relación ás plataformas de doentes que no seu momento denunciaron a lamentable actitude da xestión da sanidade pública do Partido Popular.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.