La Tienda Republicana

En Marea comprométese a seguir traballando "polo cambio político" pese á perda de voto urbano en Galicia

02/07/2016

A coalición de Podemos, Esquerda Unida e Anova baixa nas sete grandes cidades galegas e deixa de ser primeira forza en Vigo, quedando de segunda en Coruña, Ferrol, Santiago e Pontevedra e sendo terceira en Lugo e Ourense.

En Marea aposta por seguir traballando de cara ás eleccións galegas / En Marea
Tras coñecer os resultados, os candidatos e candidatas de En Marea agadeceron "o apoio e confianza" amosada polo pobo galego nesta convocatoria electoral. Alexandra Fernández asegurou que “os datos non os que agardábamos pero tamén é certo que este proxecto se nutre dos movementos da rúa, e a loita é longa e seguiremos a traballar no cambio político tamén a nivel do Estado”. 
 
O cabeza de lista pola Coruña e tamén deputado desde esta noite electoral, Antón Gómez-Reino, salientou que os resultados electorais supoñen unha “mala nova para o cambio político no Estado español”. “O bloque conservador se reordena, o que fai que Ciudadanos non teña representación e o PP acumule este bloque conservador de xeito claro. Quédanos o compromiso do traballo, do día a día, de toda esa xente que traballa dia a día nese espazo das mareas que irá pouco a pouco indo máis alá” afirmou Gómez-Reino.
 
Yolanda Díaz, a número 2 pola Coruña que tamén ocupará un escano no Congreso nesta nova lexislatura asegurou que a formación é “unha marea viva, que rexurde e temos a experiencia dabondo para desde mañá comezar a traballar polo futuro, empezar unha nova andaina no noso país”.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.