La Tienda Republicana

En Marea comprométese a reverter as privatizacións dos servizos de emerxencias e extinción de lumes impostas polo PP e redactar o Estatuto do Bombeiro demandado polos profesionais

02/07/2016

En Marea reuniuse este luns cos bombeiros dos parques da Coruña, Silleda e Ourense para escoitar de primeira man as súas demandas, a situación na que se atopan tras as continuas agresións por parte dos gobernos do Partido Popular e amosar ao mesmo tempo a súa solidariedade e apoio coas súas xustas reivindicacións.

Visita ao Parque de Bombeiros da Coruña (Foto: En Marea) / En Marea

O cabeza de lista ao Congreso de En Marea pola Coruña, Antón Gómez-Reino, trasladou aos bombeiros o compromiso poñer fin a actual situación que están a padecer cando o Goberno do cambio se cristalice tras as eleccións do vindeiro 26 de xuño e que tamén nun servizo fundamental como son as emerxencias se converte en indispensable para acabar coa dramática situación actual.

Deste xeito dotar ao corpo cun Estatuto de bombeiros é unha das principais reivindicacións destes profesionais que Gómez-Reino salientou e amosou o compromiso de En Marea de levar adiante. “O Goberno do cambio ten que dar como eles demandan, un estatuto dos bombeiros que garanta a súa capacidade profesional, capacidade de intervención, medios e coordinación fundamental entre todos eles. A Xunta de Galicia coa súa privatización está apoñer en risco o noso territorio, os nosos montes, a nosa poboación e a dos propios profesionais aos que golpean, ignoran e vulneran continuamente” afirmou Antón Gómez-Reino.

“É imprescindible confiar nestes profesionais cunha valía, esforzo e dedicación por un ben público como este e que nos últimos anos levan están a sufrir continuas agresións por parte das administracións públicas. Escoitar as súas demandas e poñer enriba da mesa que un servizo coma este non se pode privatizar, non se pode sacar lucro do servizo de emerxencias. Neste sentido dar todo o apoio” denunciou o cabeza de lista pola Coruña. Recuperar o servizo de emerxencias a mans públicas convértese polo tanto nun paso imprescindible para garantir a necesaria calidade dun servizo fundamental para a vida das persoas e a conservación do noso patrimonio como son os servizos de emerxencias, dotalos de recursos necesarios e escoitando as súas demandas e propostas para mellorar o servizos.

O cabeza de lista pola Coruña xunto co número 4, Rubén Pérez, a número 5, Gladys Afonso, e o candidato ao Senado, José G.Buitrón, a n.4 por Pontevedra, Lara Rodríguez Peña, a candidata ao Senado por Pontevedra Vanessa Angustia, e os candidatos de Ourense Juan Villarino e David Fernández Calviño, amosaron o compromiso de En Marea a levar a cabo a reversión de todos os procesos de privatización do sistema de emerxencia e extinción de lumes apostando pola titularidade pública e atendendo ás demandas dos profesionais entre as que destaca a elaboración do Estatuto do bombeiro.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar si usted es un visitante humano y prevenir envíos de spam automatizado.