Redacción •  Galicia •  20/11/2025

Folga en UNVI: a dignidade das traballadoras non se negocia

  • Folga convocada na fábrica da ourensana UNVI S.A. pertencente ao grupo Pérez Rumbao.
Folga en UNVI: a dignidade das traballadoras non se negocia

Tras a constitución da mesa de negociación o comité de empresa presentou a plataforma de convenio de UNVI S.A. (empresa fabricante de autobuses de Ourense), na que recollen as propostas de mellora das condicións laborais na empresa.

«A vontade de avanzar nun acordo xusto e equilibrado era manifesta. Con todo, a resposta da empresa resultou intolerable: houbo silencio, non se presentou proposta, amosando o seu desinterese pola mellora das condicións das traballadoras.»

A vontade de avanzar nun acordo xusto e equilibrado era manifesta. Con todo, a resposta da empresa resultou intolerable: houbo silencio, non se presentou proposta, amosando o seu desinterese pola mellora das condicións das traballadoras.

Mantiveron varias reunións coa dirección da empresa, nas que reiteraron a súa disposición ao diálogo e á negociación. Porén, a empresa limitouse a asistir sen achegar propostas concretas, prolongando deliberadamente a situación de bloqueo e falta de respecto cara ás traballadoras.

Por se o bloqueo dun novo convenio fora pouca mofa para a clase traballadora, a empresa pretende modificar o calendario laboral, rompendo co acordo histórico que dende sempre establece catro semanas de vacacións no mes de agosto, pretendendo reducilo a tan só dúas semanas continuadas en agosto, unha de sorteo e as restantes espalladas para comodidade da empresa.

Na tarde deste mércores 12 o comité reuniuse para celebrar asambleas con todas as quendas de traballo. Todas as traballadoras manifestaron o seu rexeitamento ante a actitude da empresa, que cualifican de desprezo e falta de respecto pola súa dignidade e os seus dereitos.

«A asemblea acordou de forma unánime, iniciar un plan de medidas de presión para esixir á dirección compromiso e unha resposta digna ás súas demandas.»

O calendario con catro semanas en agosto é innegociable, e a súa modificación unilateral, sumada ao bloqueo na negociación do convenio, leva a que a asemblea acordara de forma unánime, iniciar un plan de medidas de presión para esixir á dirección compromiso e unha resposta digna ássúas demandas. Polo cal, con total determinación e de inmediato:

  1. Suspenden a realización de horas extra: Dende hoxe ningunha traballadora realizará horas extra. A empresa non pode seguir beneficiándose do esforzo adicional das traballadoras sen comprometerse a mellorar as súas condicións laborais.
  2. Manifestaransecoa folga do metal: O próximo 20 de novembro, UNVI S.A. sumarase á folga do metal, participando activamente na manifestación xunto co resto do sector.
  3. Inician folga: As folgas convocadas para os días 26 e 27 de novembro, e tamén para os días 10 e 11 de decembro, marcarán un punto de inflexión. A loita non rematará ata que as melloras se materialicen.

Dende a CUT exiximos un convenio digno, que recolla e recoñeza os seus dereitos.Non estamos dispostas a que a empresa ignore a negociación e que esta non leve a un compromiso real de mellora.

Loitaremos e mobilizarémonos ata acadar o convenio que as traballadoras merecen. Non máis dilacións. Non máis desprezos.


autobuses /