Redacción •  Galicia •  18/03/2026

Celebración mineira na casa do Patrono da Ecoloxía, San Francisco

Celebración mineira na casa do Patrono da Ecoloxía, San Francisco

San Francisco, o Patrón da Ecoloxía, foi proclamado por Juan Pablo II en 1979, por ensinar co seu exemplo a amar a natureza e a todas as criaturas, con respeto e dignidade.

Este legado ecoloxista foi amplamente desenvolvido polo cristianismo e outras relixións, centrado en ensinar a repensar o noso lugar no mundo, salientando que o benestar humano está integrado no benestar de todas as cousas, sendo inspirador da encíclica Laudato Si do Papa Francisco sobre o Cuidado da casa común. 1

Nada deste mundo nos resulta indiferente, e por este motivo tampouco nos pasa desapercibida a celebración do evento “Tramitación eficiente para unha minería competitiva e estratéxica” , organizado pola Cámara mineira con presencia dos representantes da Consellería de Industria, no lugar que leva o nome do Patrón da Ecoloxía, San Francisco.

Descoñecemos se foi o azar, a dispoñibilidade ou a intencionalidade, para facer creible o oximoron da minaría sostible, nun alarde de creerse propietarios e dominadores con autoridade de facerse coa terra, a auga e o aire dos nosos entornos, realizar en tal lugar o encontro, para o que estiveron repartindo invitacións, incluso a curas que rexeitaron participar en tal convite lembrando a encíclica Laudato Si.

Non descubrimos nada novo lembrando que a minaira é das actividades industriais máis contaminantes e agresivas coa natureza, coa biodiversidade; a estratexia da minería competitiva ten por obxeto a obtención de metais, sin límite, ao máis baixo coste para a obtención do mellor beneficio para os accionistas, metais que teñen unha boa parte do seu destino a industria armamentística, axudan a alimentar as guerras ou as caixas acorazadas dos bancos para o lucro das grandes fortunas, nada que ver coas leccións de vida que San Francisco trasladou na sua vida como exemplo a seguir.

A imposibilidade de soster o actual nivel de consumo dos países máis desarrollados e dos sectores máis ricos das sociedades, a promoción dos hábitos de gastar e tirar alcanzando niveles inauditos, rebasando os límites máximos de explotación do planeta, a promoción de industrias que deterioran constantemente a calidade das augas, que poñen en risco a dispoñíbilidade deste recurso, tanto paro o consumo humano como para o resto de seres vivos, non son variables que seguramennte non foran analizadas no encontro da estratexia para a extracción dos metais.

Ao colectivo Mina Touro O Pino Non, resúltanos incomprensible que se utilice un espacio, que leva o nome do Patrón da Ecoloxía, San Francisco, para promocionar unha actividade como a minería estratéxica, que vai totalmente en contra do que defendeu e inspirou encíclicas na defensa da natureza, que poñen por diante o valor da protección de toda a biodiversidade e a natureza.

1 https://www.vatican.va/content/francesco/es/encyclicals/documents/papa-francesco_20150524_enciclica-laudato-si.html


minas /