Redacción •  Galicia •  17/01/2026

O patrimonio que a mina elimina: Camiño real do Vinte por Touro

  • O proxecto Cobre San Rafael elimina o “CAMIÑO REAL DO VINTE” que vai de Arinteiro, na parroquia de Loxo, en Touro á Carballeira de San Sadurniño, lugar de celebración da Feira do vinte todos os meses, na parroquia de Cebreiro xa do Concello de O Pino.
O patrimonio que a mina elimina: Camiño real do Vinte por Touro

Camiño Real”, tamén coñecido como “Camiño Real da feira do 20 é unha das duas únicas vías tradicionais de acceso a Feira Do 20, no lugar do mesmo nome na Carballeira de San Sadurniño, concello de O Pino, que se conservan e se usan a día de hoxe, a pesar de que nos documentos do proxecto mineiro tanto o denegado en 2020 como o actual que está en estudo,  manifesten incluso en algún apartado que non existe, e noutros indicar que sí existe sendo un camiño vinculado a labores mineiras, a pesar de recoñecer noutros apartados que é un camiño ligado ao Camiño Real onde xa aparece en documentos de 1942 catalogado co código TCAH-1/PCAH-1.

Sobre este aspecto dende a Plataforma Mina Touro O Pino Non, aclaran que este camiño non desapareceu nin a feira tampouco, únicamente cambiou o trazado pola actividade da mina nos anos 70-80 do século pasado.


mina de Touro /