Redacción •  Galicia •  16/01/2026

“Persoa interesada no procedemento” da mina de Touro

  • Casi dous lustros tendo que demostrar que somos intereados na defensa das nosas terras.
“Persoa interesada no procedemento” da mina de Touro

As veciñas e veciños de Touro e O Pino aprendemos en 2017 os problemas que conlevaba que te recoñeceran ser persoa interesada para ter acceso ao expediente do proxecto mineiro. Non eramos siquera conscientes que, a pesar de ser propietarios de terreos afectados polo proxecto mineiro, tiveramos que demostrar interés para poder ver a documentación completa do proxecto.

A lei non está feita para a cidadanía, está feita con e para as mercantiles que veñen a apropiarse do que non lles pertenece.

Dende o primeiro momento vimos como Conselleiros, altos cargos e mesmo o Presidente do NOSO goberno acude, faise fotos, participa en eventos organizados pola mineira, mentras a veciñanza á que queren expropiar, en oito anos, no recibiron en ningún momento a pesar da petición.

Tamén vemos como se traslada, a través de numerosos documentos e noticas en medios de comunicación, que o proxecto avanzaba por bon camiño con reunións entre a empresa e alguen da Administracion, mentras á xente propietaria dos terreos se nos require unha e outra vez que demostremos o interés no procedemento polo que nos pertenece e outros negocian en despachos á nosa espalda.

Empezamos o ano 2026 cunha carta que non era a dos reises, era do departamento territorial de minas da Coruña, para que acreditemos o interés no procedemento; non é a primeira comunicación sobre este asunto, en xullo e agosto do ano pasado enviaron unha tanda de cartas idénticas, algunha persoa chegou a recibir ata tres notificacións idénticas, polo mesmo tema, durante este período, tendo que molestarse en volver a preparar escrito e volver a rexistrar.

Para unha persoa xoven ou que estea acostumada a tratar coa Administración pode ser un trámite, que non deixa de ser abusivo, pero para moitas persoas sin experiencia e medios para facelo, parece que do que se trata é de deixar polo camiño á xente e deixe así de terse en conta no procedemento.

Dende a nosa asociación informamos por redes sociais, por correo, polo boca a boca; pero, é a nos a quen nos corresponde este traballo? Non, pero non queda outra ante unha Administración que parece máis interesada en que se perda polo medio a personación.

A Administración, que deberia ser garante de eficacia e eficiencia, e atención á cidadanía, non parece que vaia por ese camiño. E preguntámonos o que moitos dos nosos veciños e veciñas din, se puxeron os nosos datos e os das nosas leiras nunha publicación do Diario oficial de Galicia e nun periódico sin consultarnos, coas terras que nos queren expropiar, como é posible que ahora lles teñamos que demostrar interés, cando xa nas alegacións que presentamos contra a mina se manifestou a petición de interés?

Touro terras afectadas polo proxecto. Imaxe: Plataforma Mina Touro O Pino Non

Cántas veces hai que decilo?

Cómo non imos ter interés lexítimo o resto da cidadanía, ainda que non teñamos bens afectados directamente, pero sí indirectamente. Somos afectados pola eliminación de bens públicos, patrimonio natural, cultural e bens pagados con fondos públicos, cómo non podemos ter interés cando se pretende eliminar camiños, estradas, roteiros, sendeiros, muiños, ríos, fontes, captacións de auga municipais, camiños históricos, terras de concentración parcelaria?, bens públicos.

Por este motivo, varias asociacións vimos de enviar a nosa petición á Consellería para que de oficio, todas as persoas que presentamos alegacións, nas que xa se recollía a petición de ser tidos en conta como persoas afectadas e interesadas xunto cos motivos expostos, e en especial as persoas residentes nos concellos de Touro e O Pino, e con bens e dereitos afectados se lles recoñeza a condición de persoa interesada no procedemento.


minas /