Marcha por Palestina: Galiza, 15 de Maio

A Rede Galega Pola Palestina na que esta BDS convoca o vindeiro 15 maio unha Marcha as 19h30 desde Obelisco ata Praza de María Pita.
A Marcha consiste en paradas con datas significativas para o pobo palestino ao longo do percorrido por Rúa Real, Riego de Auga e Praza María Pita.
As «Marchas do Retorno» na Galiza conmemoran simbolicamente as masivas mobilizacións que, autodenominadas así pola propia organización, tiveron lugar en Palestina entre 2018 e 2019, reclamando o dereito de retorno. Empregando as chaves como símbolo da esperanza do pobo palestino de retornar aos seus fogares.
