Veciñanza de Touro e O Pino requerida a demostrar ser «persoa interesada no procedemento» da mina, outra vez
- As xente de Touro e O Pino á que queren expropiar terras, camiños, augas, para reabrir a mina teñen que demostrar que son “interesados no procedemento” da mina, unha vez máis, a pesar de ser o mesmo proxecto que foi denegado en 2020 e no que xa pelexaran por ser recoñecidos nese momento.

A xente de Touro y O Pino debátese dende hai oito anos contra un proyecto lesivo para ás suas vidas, mentras na Toxa celebran un “encontro” patrocinado por la Xunta de Galicia donde van a falar representantes de Cobre San Rafael na mesma mesa que os representantes da Consellería de Economía e Industria, que nunca se quixeron reunir coa veciñanza afectada, que van ser os responsables de decidir as nosas expropiaciones de bens públicos e privados, a eliminación das nosas captacións de auga públicas e privadas, o noso dereito a disfrutar dun ambiente limpo de cheiros e potencialmente contaminado por metais pesados, potencial contaminación das augas por drenaxe ácedo de mina dos ríos que levan a sua auga ao río Ulla, para ser entregado a una empresa, da que acabamos de saber polos medios de comunicación dun informe de Ecoloxistas en Acción, que desvela a situación real da sua solvencia econónica que non foi posto a disposición pública na exposición do proxecto.
Qué nos ofrece esta mina? Ocupar 800 hectareas de terreno donde realizarán 10 enormes cortas mineiras que furarán con explosións diarias e que terán entre 90 e 210 metros de profundidade, situadas a uns 300 metros dunha guardería y la residencia de mayores de Touro, a 500 metros del campo de la fiesta y la iglesia de Bama, a uns 1200 metros de la iglesia de peregrinos de Arca en el Camino de Santiago, a poco más de 400 metros del pueblo de Cebreiro por donde está el trazado histórico de Camino, a 200 metros del pueblo de Arinteiro que estará entre duas enormes escombreras e unha enorme balsa de lodos tóxicos con risco de rotura extrema, que terá un diámetro aproximado de 1276 metros, un perímetro exterior 3,98 km, unha altura máxima que se irá recrecendo hasta alcanzar os 81 metros de altura. Si esa enorme balsa de residuos rompe como aconteceu en Aznalcollar ou Brumadinho –Brasil-, en pouco máis dunha hora chegaría á ría de Arousa e polo camiño por todas as poboacións e ribeira do río Ulla.
Eliminará máis de 50 captacións de auga, pública e privada, que abastece a máis de 500 persoas e as suas actividades económicas, contémpla ata 7 puntos de vertidos, ademáis dos que xa existen, das recollidas nas cortas os depósitos de estériles de planta, nas escorrentías nas pistas mineiras e na escombreira PAG, tratadas químicamente que irán aos ríos Pucheiras, Barral, Burgo, Portapego e Felisa, camiño do río Ulla.
Toda esta actividade para producir durante 14 anos de actividade 164 millóns de estériles de mina e 103 millóns de estériles de planta, en total máis de 260 millóns de toneladas de residuos, que darán como resultado preto de 380 mil toneladas de polvo de cobre para enviar a China a refinar e dende onde se comercializará. Aquí quedarán os residuos para sempre.
Este proxecto xa foi denegado, por non quedar acreditado que non tería afección á cunca fluvial Ulla-Deza na Rede Natura 2000, eso manténse exactamente igual agora. A diferencia é que agora ten categoría de PIE- Proxecto industrial estratéxido- primando que digan que crearán emprego e economía; se comparamos as tasas de desemprego da cunca mineira de Riotinto duplica con creces as destes concellos, evidentemente transformar esta comarca nunha comarca mineira non é a solución, estamos en niveis de creación de emprego local moi por enriba do que alí teñen, e de diversidade de actividades económicas indudablemente superior, consecuentemente nin ambiental, nin cultural, social y económicamente é favorable transformar esta terra nunha cunca mineira que é o que se pretende.
Nestes días vimos de recibir cartas da Xefatura territorial de minas da Coruña para que acreditemos, unha vez máis que somos persoas “interesadas” no “procedemento” do proxecto mineiro. Parece unha burla, xa pasamos por ese trámite en 2018 e o noso traballo e tempo nos costou, tivemos a sensación de ser unha especie de delincuentes por querer ter acceso ao expediente completo que nos quería vir quitar as augas, as terras…, e que nunca conseguimos. Ahora volven a pedirnos que demostremos que podemos ser considerados persoas “interesadas”.
Todas as persoas residentes nestes concellos, todas as persoas que figuran na relación publicada no DOGA do día 22 de novembro de 2024, deberían ser consideradas interesadas de oficio, resulta indignante decirlle a alguén a quen lle queren expropiar fincas, ou traidas de auga, ou que lle van poñer unha balsa de lodos con risco de rotura extrema a 300 metros da casa, que demostre ser persoa interesada. Este proxecto xa foi avaliado, declarado desfavorabl, e xa obtivemos o recoñecemento, debería dárselle xa carpetazo.