Redacción •  Galicia •  09/09/2020

Antón Sánchez denuncia que o PP de Feijóo segue a ocultar a información sobre a fusión das caixas galegas esixida pola sentenza do TSXG

O portavoz nacional de Anova reclama públicamente ao Goberno galego -case tres meses despois- que entregue a documentación esixida polas autoridades xudiciais o pasado 23 de xuño, concretamente o informe-proposta de Marta Fernández Currás, que era conselleira de Facenda cando sucederon os feitos, e taén a acta da comisión dos secretarios xerais antes do Consello da Xunta que autorizou a fusión.

Antón Sánchez denuncia que o PP de Feijóo segue a ocultar a información sobre a fusión das caixas galegas esixida pola sentenza do TSXG

Sánchez, que foi deputado na Cámara galega nas dúas últimas lexislaturas, comprometeuse a non parar «ata coñecer toda a verdade da estafa das caixas» calificando de vergoña que a Xunta de Galicia fora condenada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por vulnerar os dereitos fundamentais dun representante electo da cidadanía, algo que está a suceder de maneira reiterada e vai sempre en función dos intereses do PPdeG e do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo.

Así, denunciou que o xefe do Executivo galego «falta unha vez máis á súa palabra e pretende ocultar o fiasco das caixas negando información e mantendo paralizada a Comisión de Investigación durante seis anos para evitar que saia á luz o que foi un gran negocio para un banco venezolano e pésimo para Galiza».

“Non pararemos ata que se coñeza toda a verdade”, declarou o portavoz nacional de Anova que agarda “non ter que recorrer à vía xudicial para a execución da sentencia, o que amosaría aínda máis a vontade dilatoria do goberno galego”.


Alberto Núñez Feijóo /  Anova /  Antón Sánchez /  Partido Popular /  PP /  PPdeG /  Tribunal Superior de Xustiza de Galicia /  TSXG /  Xunta de Galicia /