Redacción •  Galicia •  06/10/2025

Anuncian nova mobilización nacional contra ALTRI

Anuncian nova mobilización nacional contra ALTRI

As organizacións que fan parte da “Mesa de Coordinación Nacional contra ALTRI”, queren expresar o seguinte:

  • O  anuncio do Goberno español de non incluir na Planificación eléctrica a 2030  a liña eléctrica e a subestación necesarias para o proxecto Gama,  vai no camiño das nosas demandas ás Administracións Públicas para que non sexa autorizado o proxecto de Altri e Smarttia.
  • No noso obxectivo de impedir a volta atrás nesta Planificación eléctrica 2030,  as organizacións que participamos nesta mesa estaremos alertas e facendo seguimento en toda a tramitación, mesmo formulando alegacións, para que a aprobación definitiva desta Planificación sexa unha realidade administrativa firme. Ademáis, temos que alegar como resposta ante os anuncios da Xunta de Galicia, e das empresas que conforman o proxecto Gama, de alegacións contra esta decisión ministerial.
  • Chegou a hora en que a Xunta e o PP recoñezan que este é un proxecto que debe ser arquivado. Exiximos que  á Xunta que “denegue xa”  todo o expedente para autorizar á macrocelulosa de Altri. Sen fondos públicos, sen electricidade, sen auga e sen licenza social, o proxecto é  unha irresponsabilidade e un atentado contra todo e contra todos e todas.
  • Neste camiño, nós imonos mobilizar. Neste sentido, queremos informar da convocatoria dunha manifestación para o próximo 14 de decembro en Santiago.

Hai un ano, baixo o lema “A Xunta no pode calar todo un país”,  logramos unha mobilización histórica. Un ano despois, chamamos a unha nova manifestación, convocamos á sociedade galega  a expresar masivamente, e de maneira moi clara, o seu rexeitamento a este proxecto que ataca directamente o modo de vida da comarca da Ulloa, a calidade das augas do río Ulla, e a supervivencia da pesca e o marisqueo na Ría de Arousa. Un río Ulla e unha Ría de Arousa tamén ameazadas polo intento de reapertura da mina de Touro- O Pino.

Estamos no convencemento que de igual maneira que o pobo galego fixo  frente á marea negra dos Prestige e as vagas de lumes, poñeremos fin a este despropósito de proxecto que representa Altri. Por  último, querémosvos participar que estamos atentas para dar a necesaria resposta no caso de que a Xunta de Galicia adopte a decisión de autorizar a captación de auga ou a Autorización Ambiental Integrada para Altri, que terán a resposta inmediata con concentracións locais.


Altri /