Redacción •  Galicia •  05/01/2026

Presentación libro «Ditaduras mineiras» coa autora Mai Costa

Presentación libro «Ditaduras mineiras» coa autora Mai Costa

O libro «Dictaduras Mineras»  aborda os conflictos territoriais socioambientais xerados pola megaminería en América Latina e o resto do mundo. 

Mai Costa, arxentina, activista contra a megaminería dende 2008 é profesora de Historia, expón a problemática das comunidades afectadas e a imposición dun modelo extractivista que viola dereitos humanos coma o dereito á vida, a tierra, a agua e a diversidade cultural.  

Dictaduras  Mineras” é un rexistro de testemuñas, investigación e recopilación de accións levadas a cabo en territorios afectados pola megaminería en diferentes países, onde se inclue o caso da mina de Touro.   Conta co prólogo de Manu Chao e textos a partir de encontros co escritor Eduardo Galeano.

O libro tamén analiza cómo este modelo de producción xenera desigualdade, discriminación e exclusión, impoñendo unha cosmovisión que nega e desvaloriza outras formas de vida en armonía coa natureza.

Publicado a finais de 2024 xa se presentou en diferentes provincias de Arxentina, Chile e Uruguai, e chega neste mes a España, onde se vai presentar en Asturias, Galicia, Sevilla e Madrid.

En Galicia a presentación terá lugar en Santiago, Vilalba, Pontevedra e Vigo con visita a diferentes colectivos que se opoñen á minería da man da Plataforma Mina Touro O Pino Non, SOS Suido, Asociación pola defensa da ría, Comisión contra as minas da Terra Cha, Sindicato labrego galego e Ecoloxistas en Acción.  


minas /