Redacción •  Galicia •  04/06/2025

Sétima edición do FunFunFun: dúas xornadas para celebrar a edición independente

  • Autoedición, banda deseñada e concertos nun encontro aberto e multidisciplinar de irmandade entre Galiza e Portugal.
Sétima edición do FunFunFun: dúas xornadas para celebrar a edición independente

Os vindeiros 6 e 7 de xuño, Santiago de Compostela converterase no centro da experimentación gráfica, a edición independente e a creación colectiva coa celebración da VII Edición do FunFunFun, movidote de autoedición e banda deseñada independente. O evento conta co patrocinio das Concellarías de Xuventude e Centros Socioculturais do Concello de Santiago, así como de Puntogal, e co apoio de distintos comercios composteláns. Nesta edición, que marca o seu décimo aniversario, o FunFunFun consolídase como un referente cultural no país co grande éxito da convocatoria da feira que recibiu máis de 100 solicitudes de participación procedentes de Galiza e Portugal e continúa establecendo pontes entre creadoras e proxectos de autoedición e banda deseñada independente de Galiza e do norte de Portugal.

O evento terá lugar en dous escenarios principais: Muelle 1931 Tenda (Rúa de San Pedro, 57) e a Casa das Máquinas (Rúa de Galeras).

O punto de partida será o venres 6, no Muelle 1931 Tenda (Rúa de San Pedro, 57), cunha mañá de conversas e propostas arredor da ilustración, a autoedición e a creación gráfica nas II xornadas FunKadémicas. A xornada comezará ás 11:00 coa intervención de SãoTelmo, que afondará na relación entre cor, ilustración e risografía, seguidamente, ás 11:50 Paula Cheshiree Alfa Torrado conversarán sobre os límites entre autoedición, edición tradicional e todo o que queda no medio e poñeremos o ramos cunha sesión vermú con picada B2B a cargo de Juaite Russinha.

O sábado 7 será tempo de festa e feira de fanzines na Casadas Máquinas (Rúa de Galeras), cun horario continuo de 11:00 a 21:00, onde se darán cita proxectos de edición alternativa, fanzines, ilustración e publicacións autoeditadas de todo tipo. A mañá incluirá tamén actividades paralelas como a proposta poético-musical para peixes autóctonos A + A, con Ricardo de Barreiro e Guillermo Fernández, o Atelier Pop-Up #1guiado por Greta Debelius, e un interludio musical de mediodía con Tonita.

Xa pola tarde, a programación continúa con máis propostas participativas e enérxicas. Ás 17:00, Klausura conducirá o AtelierPop-Up#2, unha nova sesión de creación colaborativa. Ás 17:30, Maritxu Alonso compartirá a historia e a traxectoria de UTERZINE, unha iniciativa de autoedición punk e disidente que leva máis de 12 anos activando discursos incómodos e necesarios.

O punto máis quente da tarde chegará ás 19:00co Combate de debuxantes, unha actividade lúdico-creativa presentada por Leandro Bareae Xaime Lis, onde o papel e o rotulador convértense en ferramentas para unha batalla amable e sempre expresiva.

A partir das 21:30, FinFanFun, pechamos a festa cun espectacular concerto de Saibran Yiyi presentando o seu primeiro disco en solitario cunha actuación que promete ser tan inclasificable como festiva.

Todas as actividades son de balde.


arte /