Presentan un contencioso contra a Xunta de Galicia por declarar a reapertura da mina de Touro como Proxecto Industrial Estratéxico só para sortear o rexeitamento ambiental
- Ecoloxistas en Acción ven de presentar un recurso contencioso-administrativo co gallo de impugnar o Acordo formalizado polo Consello de la Xunta de Galicia polo que se declarou Proxecto Industrial Estratéxico á reapertura e ampliación da mina de Touro e O Pino.
- A organización ecoloxista basea principalmente a súa impugnación na ausencia dun plan Director mineiro en Galicia que xustifique declarar Cobre San Rafael un proxecto de Interese Estrateéxico para Galicia.
- Ecoloxistas en Acción tamén sinala a gravidade de otorgar esta condición de estratéxico a un proxecto promovido por unha sociedade empresarial en situación técnica de suspensión de pagos.
- Unha insolvencia económica que, destacan, semella argallada para non asumir os posibles desastres ambientalistas que xenere a actividade da explotación mineira e que foron denunciado no informe do hidrólogo Steven Emerman.

Ecoloxistas en Acción presentou un recurso contencioso-administrativo co gallo de impugnar o Acordo formalizado polo Consello de la Xunta de Galicia polo que se declarou Proxecto Industrial Estratéxico á reapertura e ampliación da mina de Touro e O Pino. Un acordo do Goberno galego que a día de hoxe segue sen estar oficialmente publicado como é preceptivo.
Sinalan que o proxecto de explotación mineira, Cobre San Rafael, xa foi tramitado en 2017 e desestimado pola administración ambiental galega en virtude da Resolución da Directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático do 28 de xaneiro de 2020 e correlativamente desestimado pola administración mineira galega en virtude da Resolución da Directora Xeral de Planificación Enerxética e recursos Naturais do 24 de febreiro de 2021
Por iso, a organización ecoloxista denuncia que ante a existencia dunha declaración de impacto ambiental que califica o proxecto Cobre San Rafael como ambientalmente desfavorable, a declaración agora de Proxecto Industrial Estratéxico para “desatascar” a súa tramitación e “axilizala” é unha decisión arbitraria e contraria a lei do Goberno galego. Para Ecoloxistas en Acción detrás deste acordo do Consello da Xunta “non hai ningunha xustificación estratéxica para o país e só unha artimaña para sortear o rexeitamento ambiental e desmontar a oposición veciñal de Touro e O Pino á reapertura da mina.”
Outra das razóns de peso que a organización ecoloxista esgrime para a impugnación e nulidade da declaración de Cobre San Rafael como Proxecto Industrial Estratéxico é a total ausencia dun plan Director mineiro en Galicia que xustifique esta consideración para a reapertura e ampliación da mina de Touro e O Pino. De feito, subliñan, que a data de hoxe non existe ningún plan director nin mapa industrial aprobado para o sector correspondiente ao proxecto Cobre San Rafael.
Ademais para Isabel García, voceira de Ecoloxistas en Acción e veciña da plataforma mina Touro O Pino Non, a reapertura e ampliación desta explotación mineira preexistente “supón un grave risco para os sistemas fluviales, augas subterráneas e o ciclo hídrico da zonas afectadas pola explotación, así como para a integridade da Zona de Especial Conservación do Sistema uvial Ulla-Deza”. Xa que, aínda hoxe as analíticas dos ríos Brandelos, Pucheiras, Portapego e a balsa de Angumil na contorna ao complexo mineiro poñen de manifesto unha contaminación grave e persistente
Para entender a magnitude do problema hai que ter en conta que o 98,82% do material procesado correspóndese con residuos provenientes das partículas de roca húmidas e trituradas que quedan despois de que o produto de valor extraeuse (estériles de planta) que alcanza a cifra de 101,53 millóns de toneladas de estériles Á súa vez, da actividade mineira xorden tamén os que se coñece como estériles mineiros, que se corresponden coa roca que debe eliminarse para chegar ao xacemento do mineral, que neste caso alcanzaría a cantidade de 164,3 mdt. Así pois, por cada tonelada de metal extraeranse 632 toneladas de residuos. Desta enorme cantidade de residuos, os estériles de planta máis contaminantes amorearanse de forma permanente no depósito denominado DEP1, que consiste nunha presa de 81 metros de altura e 3148 metros de lonxitude 14. Unha presa que estaría a tan só 4,75 km en liña do sistema uvial protexido Ulla-Deza.
Para Ecoloxistas en Acción é especialmente grave que se lle otorgue preferencia Cobre San Rafael cando esta sociedade mercantil está en situación de suspensión de pagos debido á existencia dun Fondo de Manobra Negativo en 2022 e 2021. E cun Patrimonio Neto, a efectos do artigo 363, negativo, atopándose Cobre San Rafael incursa en causas de disolución según o informe de solvencia económica que presenta á Xunta. Ademais, a empresa mineira para probar a súa solvencia economico-financiera fai referencia a un informe de Auditoría que nunca chega a achegar, descoñecendose o contido do mesmo. A organización ecoloxistas alerta de que esta insolvencia económica “”semella argallada para non asumir os posibles desastres ambientalistas que xenere a actividade da explotación mineira e que foron denunciados no informe do hidrólogo Steven Emerman”.