Amigos da República organiza a presentación do libro “Mauro”, de Mikel Guerendiain Azpiroz
- O acto de presentación terá lugar o vindeiro martes 7 de outubro de 2025 ás 20:00 no Liceo de Ourense (Salón de Tertulias).

“Una crónica ficticia sobre la huida de 800 presos republicanos ocurrida en 1938 cerca de Pamplona, en territorio bajo control del bando insurrecto, y de su caza y aniquilación posterior” (El País, 25 enero 2025).
Mikel Guerendiain Azpiroz naceu en Ciaurriz, Navarra, en 1983. É licenciado en Historia pola Universidade de Navarra. Profesor de Historia en varios institutos públicos de secundaria de Navarra. Guerendiain escribiu catro obras de teatro, dúas das cales foron representadas por grupos afeccionados. Mauro é o seu primeiro libro.

A primeira novela de Mikel Guerendiain baséase na que se considera unha das maiores fugas de prisións de Europa. O 22 de maio de 1938, arredor de oitocentos presos escaparon da prisión de San Cristóbal, nos arredores de Pamplona, que fora convertida nunha prisión franquista durante eses anos. Ningún deles cometera ningún delito grave. Moitos deles foron abatidos a tiros ou arrestados nas horas posteriores á súa fuga, pero outros conseguiron fuxir ás montañas desordenadamente, coa intención de chegar a pé á fronteira francesa. Durante días, as montañas do norte de Navarra foron escenario dunha persecución humana na que participaron non só os fuxitivos e os seus perseguidores, senón tamén os habitantes destas vilas fronteirizas, cuxas vidas cambiaron pola presenza uns dos outros. E son precisamente esas vidas as que configuran esta novela. Tecida con precisión, como unha tea de araña con puntos de conexión sutís pero consistentes, Mauro preséntanos unha serie de personaxes inesquecibles. Son eles os que inflen a voz narrativa da novela e, capítulo a capítulo, nos fan cómplices da súa historia, das súas alegrías, tormentos e esperanzas.
—
ALGÚNS LINKS OURENSÁNS COA NOVELA: Houbo 33 ourensáns entre os fugados ou mortos na fuxida do Fuerte de San Cristóbal en Pamplona en 1938.
Sinalar que no ano 2002 a asociación Amigos da República homenaxeou a José Bóveda Formigo (1912-2007), quen estivo preso no Fuerte de San Cristóbal en el monte Ezkaba en Pamplona, e participou na fuga citada. Detido ós poucos días, José foi condenado a 17 anos de cadea máis, pero en setembro de 1945, por unha revisión de penas, foi liberado.Debido a súa adhesión á República e a participación na constitución no Ribeiro do sindicato Confederación Nacional de Trabajadores foi detido ó inicio da Guerra na sua casa de Ventosela. Acusado de “rebelión militar” foi xulgado no Instituto feminino de Ourense, e sentenciado a 30 anos o 24 de xaneiro de 1937. Conducido á prisión de Celanova, foi logo trasladado o 26 de xuño daquel ano á prisión do Fuerte de San Cristóbal en Pamplona. Logo do seu regreso en 1945 a Ribadavia, en 1947 emigrou a Barcelona. O seu regreso definitivo á súa casa ourensá de Ventosela produciuse tras a súa xubilación. No XI Festival Internacional de Cine Independiente de Ourense, en 2006, proxectouse o documental «Ezkaba, la gran fuga de las prisións franquistas», de Iñaki Alforja. Nese documental poden verse varias trozos dunha entrevista a José Bóveda Formigo.
