Ernesto Ilkermn •  Galicia • 29/09/2016

Concentración en Vigo polo dereito das mulleres a vivir en paz

Como cada último xoves de cada mes a Rede de Mulleres Veciñáis contra os Malos Tratos de Vigo voltou a concentrarse nas escaleiras do MARCO para defender o dereito a vivir en paz das mulleres. A Plataforma Feminista Galega leu un comunidado esixindo a modificación da reforma do PP sobre o dereito ao aborto. Durante a concentración gardouse un minuto de silencio polas falecidas, asasinadas pola violencia machista.

Concentración en Vigo polo dereito das mulleres a vivir en paz

7 mulleres ó mes son asasinadas en España, vítimas de violencia machista, 65 no que vai de 2016. 



O actor Miguel Llanderas amosou o seu apoio as mulleres nun comunicado no que da o seu «apoio a tódalas mulleres maltratadas» e recorda que «non podemos ficar de brazos cruzados pensando que o maltratador existe e existirá sempre e non podemos facer nada para evitalo». Porque, recorda que «cando se produce un asasinato na chamada violencia de xénero sempre hai uns antecedentes: un familiar del ou dela que tiña máis que simples sospeitas do que estaba a ocorrer… e con todo non denunciou». Tras sinalar que a idade na que se produce o maltrato é cada vez máis temperá afirma que «non podemos seguir pensando que non é o noso problema, non podemos mirar para outro lado» porque «¡Sí é asunto noso!, é asunto de todos, non só da policía…, dos xuíces…, dos políticos.»



A Plataforma Feminista Galega tamén leu un comunicado no que, tras celebrarse onte 28 de setembro o Día Internacional dos dereitos sexuais e reproductivos, reinvidican o dereito ao aborto, coartado tras a reforma do PP, polo que piden a a súa modificación para que «todas as mulleres teñan acceso o aborto legal, gratuíto e seguro». Do mesmo xeito esixen «tomar as medidas precisas para garantir o pleno respecto ás mulleres para decidir, de maneira autonóma, soabre a súa sexualidade e a súa reproducción», «traballar para evitar a influcencia de sectores integristas e fundamentalistas na posta en marcha de políticas públicas sobre saúde, dereitos sexuais e reproductivos» e a «posta en liberdade das mulleres que se atopan privadas de liberdade por cuestións relacionadas coa penalización do aborto no seu país».

+FOTOS


Ernesto Ilkermn /  Galicia /  machismo /  Violencia de Género /