En Marea •  Redacción •  Galicia •  28/09/2017

En Marea presenta máis dun cento de emendas á polémica lei de fomento empresarial do PP

O grupo político ven de entregar no Parlamento de Galicia un total de 123 obxeccións ao texto legal, para evitar que esta norma se convirta "na lei que legalice o expolio dos recursos naturais de Galicia".

En Marea presenta máis dun cento de emendas á polémica lei de fomento empresarial do PP

As emendas están orientadas a regular a actividade para evitar que as grandes empresas poidan explotar os recursos galegos «sen deixar contrapartidas» ou mesmo «deixando que sexan os galegos quenes teñan que asumir os custes dos danos á natureza».

CORRUPCIÓN LEGALIZADA

O deputado Antón Sánchez, vicevoceiro de En Marea, explicou en rolda de prensa que o PP «pretende enmascarar con esta lei as súas verdadeiras intencións» no que se pode considerar «un tipo de corrupción legalizada», que deixaría a Galicia nas mans das empresas, e que de aplicarse remataría por non quedar «nada que protexer» ao entregar ás empresas un patrimonio natural «que é de todos os galegos e galegas».

CRÍTICAS AO PROCEDEMENTO DE TRAMITACIÓN

Sanchez sinanou ademáis que sempre foi crítico «co procedemento que se seguiu para o trámite da lei», pola «vía de urxencia» e «cun título falso que pretende favorecer a unhas poucas grandes empresas», o que confirma que Alberto Núñez Feijóo, actual Presidente da Xunta, está a manexar o Goberno galego «como un consello de administración», beneficiando ás grandes corporacións «como no caso de Villar Mir no río Xallas».

AGASALLO DO PP AOS GRANDES PODERES EMPRESARIAIS

O parlamentario de En Marea e Coordenador Nacional de Anova tamén explicou que o vindeiro 17 de outubro o Partido Popular «aprobará esta lei coa súa maioría absoluta e entregará ás empresas un agasallo do que os galegos terán que pagar a factura final», supoñendo isto un verdadeiro «roubo de luva branca», para favorecer os seus propios intereses a prol do fomento dun «capitalismo de amiguetes».

DESMONTANDO AS MENTIRAS DO PARTIDO POPULAR

En palabras de Antón Sánchez, a intención de En Marea coa batería de emendas «é desmontar as falacias do PP», porque si a lei chega a aprobarse, a xuventude «terá que seguir emigrando porque a lei castiga o desenvolvimento sostible e favorece só ás grandes empresas», entre outras cousas declarando «como ben de utilidade pública concesións destinadas a negocios de empresas privadas».

PROPOSTAS DE RECTIFICACIÓN

Nas súas 123 emendas En Marea propón, entre outras medidas, a rectificación da lei de garantías para contar cun regulamento eficaz de protección dos recursos naturais e da paisaxe, a dotación de recursos á xestión dos permisos para talas e intervencións de xeito que se poidan contestar as peticións en tempo e forma, eliminar as trabas aos pequenos produtores de enerxía e crear «zonas de exclusión de explotación» para manter «un escrupuloso respecto á paisaxe».

De feito, neste último senso, Antón Sanchez explicou que o PP tenta aprobar proxectos extractivos en zonas de Rede Natura porque en breve prazo, Europa esixirá a ampliación destas zonas polo cal o que se pretende é que as devanitas explotacións «poidan comezar antes da esixencia europea».

CONTESTACIÓN SOCIAL

Para o vicevoceiro de En Marea, esta nova lei terá contestación social «como xa houbo coa lei de acuicultura e Corcoesto», e tamén por parte dos concellos, «posto que se están a invadir competencias municipais e se vulneran directivas europeas».

 

 


En Marea /  Proposición de Lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais /