panoramio.com •  Redacción •  Galicia •  23/09/2016

En Marea comprométese a cumprir as sentencias do Tribunal Superior de Xustiza sobre Reganosa e repoñer a legalidade vulnerada

A formación lembra que “o Goberno da Xunta ten que velar polo cumprimento da lei” e no caso de Reganosa os días 28 e 29 de marzo de 2016, a Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo ditou sentenzas, que, en sínteses, anulan a Resolución da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas de 3 de xuño de 2002 que outorgaba a REGANOSA a autorización administrativa previa para a instalación da citada planta de recepción, almacenamento e regasificación de GNL e a Resolución da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas de 13 de febreiro de 2004 relativa ao seu proxecto de execución das instalacións, respectivamente.

En Marea comprométese a cumprir as sentencias do Tribunal Superior de Xustiza sobre Reganosa e repoñer a legalidade vulnerada

En Marea considera que “legalmente non hai respaldo a través dos instrumentos de ordenación existentes á situación de Reganosa neste emprazamento” e que, ou ben Reganosa debería formular nova solicitude de autorización “que haberá de ser examinada atendendo aos datos concorrentes e ao réxime xurídico existente no momento da súa presentación”, ou hai que proceder ao seu desmantelamento. A tenor das devanditas sentenzas, o 10 de maio de 2016, Reganosa presentou ante o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo solicitude de autorización administrativa previa e de aprobación do proxecto de execución da planta de conformidade co artigo 67 da Lei 34/1998, de 7 de outubro, do sector de hidrocarburos e cos artigos 70 e seguintes do Real Decreto 1434/2002, de 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de Instalacións de gas natural.
 
Posteriormente, presentou un escrito no que completaba o anterior mediante a achega do proxecto de execución así como do estudo «Informe de viabilidade ambiental da planta de regasificación de Mugardos», con data 20 de maio de 2016. Foi o goberno en funcións o que traballa para vulnerar a sentencia xudicial e “darlle legalidade a algo que para En Marea é ilegal de facto” En Marea comprométese a traballar por repoñer a legalidade vulnerada e a paralizar a actividade da planta de Reganosa, proxecto que “nunca debeu vela luz na Ría de Ferrol”.


En Marea /  Reganosa /