Ernesto Ilkermn / Rubén Rocha •  Galicia •  20/11/2016

As veciñas e veciños de Vigo non abandonan a loita: «Carlos, Serafín ¡Indulto xa!»

A pesar das pingueiras de choiva que adiantaban o temporal, velaí están, Carlos e Serafín co apoio de todas e todos nós. A defensa de dous vigueses, dous traballadores, seguirá nas rúas ata que o Goberno lles conceda o indulto, como acontenceu o pasado 18 de novembro na manifestación que percorreu o centro de Vigo.

As veciñas e veciños de Vigo non abandonan a loita: «Carlos, Serafín ¡Indulto xa!»
Porque a súa causa é a de todas e todos. A de calquera que pode ver a súa vida truncada por unha sentenza aplicada en base a un Código Penal feito para castigar á clase traballadora cando se defende dos abusos da patronal. Ese foi o seu delito: participar nunha folga legal.
 
A estas alturas, tras varios anos de manifestacións, concentracións e ata declaracións institucionáis exisíndo o indulto, só hai unha razón para que sigan en pe coa ameaza de entrar no cárcere: meter medo á sociedade.
 
A lei mordaza e as sucesivas reformas laboráis foron por ese camiño: O de manternos cautivos, levando o mundo laboral á case escravitude, fronte a unha patronal que non só ten ao goberno á beira, senón tamén a demasiados xuíces, como os que condenaron a Carlos e Serafin a varios anos de cárcere por participar nunha folga legal. Todo en base a unha declaración policial.
 
Ó remate da manifestación a secretaria xeral de CCOO en Vigo, Amelia Pérez, en nome de todas e todos leu un comunicado reiterando que remate a persecución contra as e os traballadores e sindicalistas. Xa no 2014 a Asociación Jueces para la Democracia denunciaba «a represión penal do dereito de folga e a volta de España ao século XIX». Tamén estos días a OIT deu a razón as organizacións sindicais «porque constata a represión do exercicio do dereito á folga no noso país». Amelia sinalou como a OIT «establece que se vulneran os convenios 87, 98, 135 e 151» relativos a liberdade sindical e ao dereito de folga; ademais a OIT sinala que a aplicación do artigo 315.3 do Código Penal, en base ao que foron condenados Carlos e Serafin e arredor de 300 traballadores nos últimos anos, aplica «penas desproporcionadas, non tendo en conta nin o dereito de folga, nin a necesidade de protexer este dereito fundamental». Continuou a secretaria xera de CCOO a súa intervención contrastando que malia todas as críticas recibidas polo Goberno dende institucións internacionáis «na súa soberbia, na súa arrogancia, na súa creencia de impunidade, plantexan unha vota máis e estas semanas escoitábamos como queren controlar tamén as redes sociais, e queren condenar y controlar os famosos memes». Rematou a súa intervención recordando a algúns dos 300 represaliados polo Goberno no exercicio do dereito a folga, como os oito de Airbus, o presidente do comité de Coca-Cola de Fuenlabrada, os 13 membros do comité de Albano da Coruña, os que participaron na folga da limpeza de Ourense, ou estes días Pedro Galeano para o que lle piden tres anos por participar na folga xeral do 2012. Esa dinámica do Goberno do PP que veñen denunciando as organizacións sindicáis, a dos recortes de dereitos ao tempo que trata como delincuentes ás e aos traballadores é «retrógada» e ten «puntos dictatoriais» denunciou Amelia.
 
Rematou a súa intervención dirixíndose a Carlos e Serafín: «sabedes que a resolución da OIT ainda que é unha boa nova non vos da o acougo que andades e andamos procurando dende fai tres anos. Polo tanto non vos esquezades nunca que seguides contando co noso apoio incondicional. Pero agora, mais que nunca, e despois de tres anos na rúa e tras esta noticia, esiximos que se faga realidade o que tanto tempo levamos berrando: Carlos, Serafín ¡Indulto xa!»  
 
Como dende fai varios anos a manifestación contou co apoio das tres centráis sindicáis maioritarias, CIG, CCOO e UGT.
 
 
 
 

huelga /  laboral /  represión /