Redacción •  Galicia • 19/07/2020

Amigos da Terra considera que a agricultura e gandería sostibles son medidas claves para frear a incidencia de futuras pandemias

A ONG sinala que recentemente a ONU lanzou un novo informe no que analiza cales son os riscos e que medidas se poden adoptar adoptar para frealas.

Amigos da Terra considera que a agricultura e gandería sostibles son medidas claves para frear a incidencia de futuras pandemias
Nacións Unidas identifica 7 causas que favorecen a tendencia ao alza en transmisión destas enfermidades, entre elas a excesiva demanda de proteína animal, o aumento da agricultura intensiva e insostible, a explotación da vida silvestre e a crise climática.
 
Á súa vez establece 10 medidas prácticas que os países deberían adoptar para evitar que se desenvolvan novas pandemias, concluíndo que é necesario adopta o enfoque “dunha soa saúde”: a saúde humana, animal e ambiental como a mellor forma de previr futuras pandemias.
 
Amigos da Terra considera que neste contexto actual de crise sanitaria, social e ecolóxica á que nos enfrontamos, adquire unha importancia vital apostar por un modelo de produción e consumo alimentario saudable, que respecte o medioambiente e a biodiversidade e que aposte pola creación de emprego que coide ás persoas e ás contornas naturais.
 
Para ADT Galicia, os gobernos teñen a responsabilidade de promover un sistema alimentario que garanta un uso sostible da terra, reducindo a produción industrial de carne nos países do norte global e apostando pola promoción de modelos máis respectuosos coa terra e a biodiversidade, como a gandería extensiva e a produción agroecolóxica de alimentos. 

agricultura /  Amigos da Terra /  gandería /  Redacción /