Redacción •  Galicia • 08/10/2016

Miles de persoas manifestánse contra o ERE en Extel e por un traballo digno nos centros de chamadas

A xornada de folga no sector estivo marcada na Coruña pola ameaza a 205 postos de traballo

Miles de persoas manifestánse contra o ERE en Extel e por un traballo digno nos centros de chamadas
A xornada de folga convocada nos centros de chamadas por un convenio digno tivo na cidade da Coruña unha especial relevancia pola ameaza de despedimento de 205 traballadoras/as, a través do ERE de extinción presentado por Extel. Por esta razón, alén de demandar un convenio digno, todo o sector amosou a súa solidariedade co persoal desta empresa participando na multitudinaria manifestación que discorreu na tarde do 6 de outubro pola rúas do centro da Coruña cun berro unánime: «este ERE ímolo parar».
 
Óscar Calvo, representante sindical da CIG, acusou a Telefónica de manter unha actitude «vergoñenta» pretendendo desmarcarse do conflito de Extel, cando é a propia multinacional quen xera a problemática. «Con total descaro, Telefónica asegura na prensa que conta con 100 teleoperadoras/es propias/os, cando só na cidade da Coruña ten máis de 1.500 teleoperadoras/es alleas/os». Miles de traballadoras e traballadoras en empresas ás que Telefónica subcontrata os seus servizos, e ás que «cando a multinacional quere, lle quita o traballo sen dar explicacións para levalo a outra parte onde considera que pode obter máis beneficios», censurou.
 
Durante o percorrido da manifestación, milleiros de persoas, ademáis dos principáis sindicatos, amosaron o seu apoio aos traballadores de Extel. Nela pediuse que cando se chame ao 1004 (atención telefónica de Movistar e Telefónica) se pida a atención en galego, como forma de garantir os postos de traballo que corren risco de deslocalizarse.
 

Coruña /  ERE /  EXTEL /  Movistar /  Redacción /  Telefónica /  trabajo /