Ernesto Ilkermn •  Galicia • 07/11/2016

Laura Bugalho e Diego de Coia na palestra «Redes de apoio fronte a represión»

Dentro das actividades en apoio ó compañeiro Diego, membro da Asemblea Aberta de Coia e víctima dun proceso xudicial inxusto froito dunha montaxe policial, dende a Asemblea organizaron a palestra “Redes de apoio fronte a represión” na que presentaron publicamente un vídeo no que se resume o que foi a chamada “loita da Rotonda” e analizaron a situación actual e as causas que nos levaron ate aquí.

Laura Bugalho e Diego de Coia na palestra «Redes de apoio fronte a represión»

 

Na palestra contaron coa presenza de Laura Bugalho, sindicalista e activista compostelana que sufriu en primeira persoa unha forte persecución policial e un proceso xudicial cheo de irregularidades, como resposta á súa labor a prol dos dereitos das persoas migrantes, e a denuncia pública da súa situación.
 
Diego e Laura falaron da importancia de construir loitas xuntas e dende abaixo, e de como artellar saídas comúns fronte a represión das persoas que denuncian e traballan pola xustiza social. 
 
Esa xustiza social está a ser malvendida polas institucións públicas, como deixaron de manifesto cas actuacións que veñen facendo na Galiza. Así, unha empresa de Florentino Pérez é a que leva boa parte das axudas públicas destinadas polo Concello de Vigo ás persoas en situación de precariedade, pola vía da concesión.
 
Ao remate das súas intervencións interviron varias das e dos que asistiron ao acto, entre elas a avogada de Diego, Esther Lora, quen recordou o último do seu caso: malia que a fiscalía entende que non hai delito, a acusación particular do policía local que o acusa mantense ca única testemuña súa e doutro policía, estando á espera dunha sentenza, na que o policía pide uns 30.000 € de indemnización. A acusación que fai é dun delito de atentado só sustentada nas verbas dos dous axentes da local. 
Diego non é a única víctima represaliada polo activismo fronte a imposición do Bernardo Alfageme na rotonda de Coia. Xurxo, tamén presente entre o público, foi condenado a un ano de cárcere e a unha pena de multa que superaba os 1000 €.
 
 

Ernesto Ilkermn /  policia /  represión /  Vigo /