Redacción •  Actualidad • 09/09/2020

EU lanza una campanha de apoio á convocatoria de folga no ensino por un inicio de curso seguro

Esquerda Unida entende que o dereito á educación e o dereito á saúde son dereitos inalienables que debe garantir a administración pública e apoia decididamente a folga de profesorado e alumnado, así coma as mobilizacións na loita por un un ensino público de calidade e con seguridade.

EU lanza una campanha de apoio á convocatoria de folga no ensino por un inicio de curso seguro

Esquerda Unida arranca o curso escolar cunha campaña de apoio á folga convocada no ensino tanto desde as redes sociais como coa presentación de mocións nos concellos e coa celebración de actos públicos para dar a coñecer o posicionamento da organización con respecto ao modelo de educación pública e a situación actual na que se atopa. Nestes días participaremos nas mobilizacións convocadas, hoxe mércores no Porriño e mañá xoves por todo o país.

Por un ensino público, seguro e de calidade.

O ensino público ten sufrido na última década importantes recortes de recursos que teñen afectado á calidade educativa. O investimento público en educación non só acumula perdas por 2.000 millóns de euros nos últimos once anos, se non que este investimento en educación pasou de representar un xa pequeno 4,2% en 2009 a representar a penas un 3,6% do PIB galego.

Este descenso nos fondos traduciuse entre moitas outras cousas, en privatización e deterioro de servizos e sobre todo nunha drástica redución de persoal, que supuxo 3.000 docentes menos. As consecuencias son ben coñecidas: peche de escolas unitarias e rurais, masificación de alas en moitas etapas educativas, eliminación dunha parte substancial do profesorado de apoio, desatención das necesidades especiais do alumnado, etc.

Neste contexto de falla de medios, o sistema educativo galego ven de afrontar a maior crise sanitaria de este século no noso país, con graves implicacións para o acceso universal á educación, cunha fenda dixital que implicou falta de equidade, con profesorado desbordado polo teletraballo e supondo verdadeiros problemas para a conciliación familiar.

A falta de pericia da Consellería de Educación supuxo tamén expor durante estes meses a riscos aos equipos directivos (obrigados a acudir aos centros) e clamorosas incongruencias no caso das oposicións do profesorado. Pero sobre todo, se por algo se caracterizou a política da Xunta nestes meses foi por falla de diálogo e improvisación.

A publicación dun irresponsable protocolo de inicio de curso que desatendía mesmo as distancias de seguridade recomendadas polos organismos sanitarios supuxo a gota que colmou o vaso da paciencia na comunidade escolar. E a pesar dos intentos de rectificación logo da convocatoria de folga do profesorado, o protocolo actual segue sendo temerario e falto de recursos para poder inciar o curso con seguridade nas escolas, institutos, comedores e transporte escolar.

Esquerda Unida entende que o dereito á educación e o dereito á saúde son dereitos inalienables que debe garantir a administración pública e apoia decididamente a folga de profesorado e alumnado, así coma as mobilizacións na loita por un un ensino público de calidade e con seguridade.

 


Esquerda Unida /  folga /  Galicia /  Redacción /