Yolanda Díaz

Yolanda Díaz: “Queremos saber que vai pasar co sector textil, onde traballan máis mulleres que homes en condicións laborais do século XIX”

“Seguimos a demandar un macroministerio que aglutine a soberanía enerxética, industrial e tecnolóxica, que planifique de xeito transversal tódalas accións. Dividir en distintas áreas é a ferramenta para facer poucas cousas” -dixo Díaz-, insistindo na urxencia de “coñecer as medidas que vai poñer en marcha o Ministerio de Industria na defensa do sector textil, que vai á folga o vindeiro día 19, un sector estratéxico para o noso país, con rostro de muller e condicións laborais do século XIX”.
 

Yolanda Díaz debate en A Coruña sobre a fenda salarial: “As mulleres non podemos cobrar menos por realizar tarefas de idéntico valor”

“A fenda salarial é un factor que condensa a discriminación que sufrimos as mulleres traballadoras ao longo da nosa relación laboral”, explica a deputada Yolanda Díaz, por iso, “debemos asumir que temos un problema severo -que non está só no noso país- e que aínda hai sectores nos que é máis pronunciada e contamos cunha diferencia salarial do 34 ou do 35% entre homes e mulleres”, sinala a deputada. No que as pensións se refire, Yolanda Díaz apunta que a fenda salarial agudízase.

Eva Solla, Vanessa Angustia e Yolanda Díaz participan mañá domingo na “Asemblea de Zaragoza” para buscar unha saída dialogada á situación de Catalunya

Este domingo 24 de setembro, a partir das 9 horas da mañá, Zaragoza acollerá a “Asemblea pola fraternidade, convivencia e liberdades”, un espazo de encontro entre diferentes forzas políticas para buscar unha solución política dialogada e democrática ante a situación de “excepción” que se está a vivir en Catalunya.

Na xuntanza participarán Eva Solla, coordinadora de Esquerda Unida e  vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Vanessa Angustia, senadora de En Marea e Yolanda Díaz, voceira de En Marea no Congreso.

Yolanda Díaz e Javier Galán debaten en Ferrol sobre o futuro dos estaleiros, que pasa por implantar as novas tecnoloxías ao proceso de produción

Yolanda Díaz, manifestou que “o reto é levar as novas tecnoloxías á cadea de produción. Isto vai esixir un cambio de modelo para todo o persoal, o que supón pular pola recuperación do emprego perdido e definir un proceso de reindustralización”. “Neste momento temos que ter capacidade loxística e ir cara adiante, adaptándonos aos novos procesos. A robotización vai supor que aumentemos a produtividade e esta nova revolución industrial vai pasar por contar con xente nova”, sinalou.

Esquerda Unida denuncia que as políticas do PP provocan a emigración forzosa de miles de galegas e galegos cada ano

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), Galicia segue a ser líder en emigración: ao finalizar 2016, 511.830 persoas residían no exterior, 8.000 máis que o ano anterior. Tan solo neste 2016 uns 18.000 galegos e galegas tiveron que marchar. Aínda que a Xunta negue que é por motivos económicos, a saída do mercado laboral pola falta de oportunidades no país está intimamente ligada á emigración.

IU celebra su Escuela de Invierno para "reforzar las posiciones ideológicas de la izquierda"

Izquierda Unida ha inaugurado esta mañana su ‘Escuela de Invierno’ #EscuelaInviernoIU que organiza su Fundación por la Europa de los Ciudadanos (FEC) y que se desarrollará durante todo el fin de semana en Rivas Vaciamadrid.

Díaz: “Os datos da EPA confirman que Galicia sigue na senda da destrución de emprego indefinido, substituído por unha precariedade laboral crecente e preocupante”

Neste senso, para Díaz, “non se pode consentir que se oculten claves fundamentais desta lectura. Se ben é certo que traballa máis xente é porque temos o mesmo traballo, ou menos, aínda que máis repartido entre traballadoras e traballadores precarios que cobran menos e non chegan a fin de mes.

Representantes de las confluencias reflexionan en Madrid sobre el espacio político del cambio

Alberto Garzón, Coordinador Federal de Izquierda Unida; Yolanda Díaz, diputada de En Marea; Xavier Domènech, portavoz de En Comú Podem; y Pablo Iglesias, secretario general de Podemos, debatirán el próximo viernes, 20 de enero, sobre el papel de las confluencias en el espacio político del cambio.

El acto, que será presentado por la periodista Ana Pardo de Vera, tendrá lugar en el salón de actos de la Facultad de Filosofía de la Universidad Complutense de Madrid, a partir de las 12.00 horas.

Yolanda Díaz: “Estamos satisfeitas de que os que saquearon o país entren na cadea, pero aínda teñen que asumir responsabilidades fronte o que fixeron coas caixas”

Segundo explica Yolanda Díaz, “estamos satisfeitas de que, por fin, aqueles que saquearon o noso país, que nos empobreceron e que fixeron que sobre nós pesaran recortes entren na cadea, aínda que é certo que queda unha parte substancial do que fixeron coas nosas caixas sen esclarecer e sen tomar  responsabilidades sobre as mesmas”.

En Marea denuncia que o PP está a deixar un país invertebrado e incomunicado a nivel ferroviario

A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, reuniuse esta semana con respresentantes sindicais do sector ferroviario de Galicia para coñecer as súas demandas e saber como está a situación do ferrocarril na nosa comunidade e que pasa principalmente pola modernización das liñas convencionais de ferrocarril en Galicia.

Yolanda Díaz destacou a importancia da rede de ferrocarril, xa que como mesmo salientou ao remate da xuntanza, “estamos a falar dun elemento de centralidade democrática e de cohesión social e económica de Galicia”.

Páginas

Suscribirse a Yolanda Díaz