Redacción •  Galicia •  05/06/2023

Javier Couso, Lidia Senra ou Jaime Pastor participarán nas Xornadas Antiimperialistas do Encontro Galego contra a OTAN

  • Distintas palestras, as cales tratarán o gasto militar e a cuestión do Sáhara entre outros temas, serán celebradas na Coruña, a Illa de Arousa, Santiago de Compostela e Vigo.
Javier Couso, Lidia Senra ou Jaime Pastor participarán nas Xornadas Antiimperialistas do Encontro Galego contra a OTAN

O Encontro Galego contra a OTAN, formado por distintas entidades políticas, sindicais, asociativas e persoas a título individual, convocan estas Xornadas Antiimperialistas co fin de levar o debate á maioría social sobre as consecuencias do imperialismo na mesma.

A actual guerra da Ucraína, e outros conflictos abertos como o do Iemen ou o de Palestina, veñen a reforzar a necesidade deste seminario, dividido en catro datas, tal e como se recolle no seguinte organigrama:

-Martes 6 ás 20:00 horas. Café de Catro a Catro. Vigo. Intervirán Javier Couso, xornalista e exparlamentario europeo, e Héctor Santorum, da Xuventude Activa Saharui.

-Mércores 7 ás 20:00 horas. Salón das Casas Modernistas. A Illa de Arousa. Intervirán Javier Couso, xornalista e exparlamentario europeo, e Jorge Crego, Secretario Xeral do Partido Comunista de Galicia e membro de Esquerda Unida.

-Xoves 8 ás 19:30 horas. A Gentalha do Pichel. Santiago de Compostela. Intervirán Jaime Pastor, politólogo e editor de Viento Sur, Lidia Senra, exparlamentaria europea e portavoz de Berro Seco, e Isabel Vilalba, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego.

-Venres 9 ás 20:00 horas. CS Gomes Gaioso. A Coruña. Intervirán Javier Couso, xornalista e exparlamentario europeo, e Baba Mohamed Labin Ali, da Xuventude Activa Saharui.

Así pois, invitamos aos medios de prensa a difundir este evento e a cubrir na medida do posible o mesmo. Tamén, aproveitamos estas liñas para convidar a cidadanía a acudir aos distintos coloquios previstos.

Que é o Encontro Galego contra a OTAN?

O Encontro Galego contra a OTAN nace o 3 de outubro do 2022 tras unha serie de contactos iniciados a principios deste ano, e está constituída por diversas organizacións antiimperialistas e persoas a título individual coa finalidade de promover accións para combater os retrocesos sociais e políticos que quere impoñernos a OTAN baixo o pretexto de “defender á Ucraína”.

Cun carácter unitario, amplo e democrático pretendemos para recobrar a experiencia dos Comité Anti-OTAN dos anos 80 e seguir aglutinando forzas para mostrar a máis ampla das repulsas fronte o belicismo que promove a Organización do Tratado do Atlántico, o cal pon en perigo a soberanía dos pobos en todo o mundo.


OTAN /