Eva Solla

Pablo Sapag, Eva Solla e Javier Couso debaten en Vigo sobre a situación de Siria dentro do contexto de Oriente Medio na conferencia: “Siria en perspectiva”

“Debemos sentirnos orgullosas de ser unha organización que sempre apostou pola paz nestes conflitos, como pasou en Irak, Libia e agora Siria, conflitos caracterizados pola desinformación e a propaganda que rodean ás guerras imperialistas”, di Solla, que destaca que “a única maneira de acadar a paz e a estabilidade é dende o diálogo, tal e como recoñecen as Nacións Unidas na súa Resolución do ano 2015”, indica a coordinadora nacional de Esquerda Unida e Secretaria Xeral do Partido Comunista de Galicia.

Carlos Sánchez Mato, Eva Solla, Manuel Lago e Albino Prada debaten na Coruña sobre un modelo de financiación que asegure un sistema de pensións sostible

Carlos Sánchez Mato, Responsable de Políticas Económicas de IU, destaca que as políticas neoliberais que nos desgobernan son as que fan que as rentas máis altas saian beneficiadas. “O problema da financiación é que, da tarta (un 9,9% do PIB), cada vez se reparte algo menos para pensións: é un problema de vontade política e, a deriva vai ser a máis”, apunta. “O Ministerio de Facenda pon limitacións arbitrarias que cuestionan os gobernos que non son da súa corda. O conselleiro de Facenda de Galicia fai cadrar as contas coa estratexia dos recortes”.

Carlos Sánchez Mato, Eva Solla, Albino Prada e Manuel Lago imparten na Coruña a conferencia: “Reformular o financiamento do Estado: como garantir as pensións públicas”

Este acto contará coa presenza de Carlos Sánchez Mato, economista e responsable de Políticas Económicas de IU; Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea; Albino Prada, economista e profesor da UVIGO e Manuel Lago, economista e deputado de En Marea.

Conferencia: “Reformular o financiamento do estado: como garantir as pensións públicas”

Hora: 20 horas.

Data: Mércores, 18 de abril.

Eva Solla presenta a charla: “Lindano, que facemos dende o Parlamento Europeo”, que contará coa presenza da Eurodeputada de Izquierda Unida Paloma López

Compostela, 19 de marzo de 2018. Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, vén de presentar en rolda de prensa o acto que a organización levará a cabo este venres 23 en O Porriño, que contará coa participación da eurodeputada do Parlamento Europeo por Izquierda Unida, Paloma López, co concelleiro de EU Son Porriño, Pedro Ocampo, ademais de coa participación da propia Solla.

Eva Solla presenta unha lei para recuperar os dereitos das/os empregadas/os públicos que o PP rexeita

No ano 2012 a Xunta de Galicia adoptou unha serie de medidas aproveitando a situación de crise e imposición restritivas do Ministerio e UE que retiraban dereitos non só a nivel salarial, senón tamén descanso e negociación colectiva. “Seis anos despois é hora xa de devolver o que se lle quitou ás traballadoras e traballadores públicos en sacrificio pola crise”, asegurou Eva Solla.

Eva Solla e Manuel Lago presentan o coloquio que terá lugar en Vigo sobre un novo reparto de financiación

Compostela, 12 de febreiro de 2018. Eva Solla, coordinadora de Esquerda Unida, e Manuel Lago, deputado de En Marea, veñen de presentar esta mañá en rolda de prensa o coloquio “Reformular o Estado: Por un novo reparto da financiación”, que terá lugar o vindeiro xoves 15 de febreiro, en Vigo.

Eva Solla: “O PP aproba en solitario a reforma da Lei de Saúde de Galicia sen escoitar ás e aos milleiros de manifestantes que saíron ás rúas”

“O que presentan é unha contrarreforma a unha lei que foi pisoteada e cambiada por vostedes en multiples ocasións, pois nunca respectaron os principios contidos no texto”, sinalou Solla, para quen despois de todos estes meses de debate, o PP debería retirar esta lei, atendendo a todas as emendas de devolución. “Pero non só segundo os partidos políticos, tamén pídenllo a totalidade dos axentes soiais e os milleiros de persoas que esixiron e clamaron para que retiraran esta lei, pero seguen facendo oídos xordos”, relatou Solla.
 

Esquerda Unida denuncia neste comezo de 2018 o mantemento da precariedade laboral e a cronicidade da pobreza en Galicia

Segundo os datos do Ministerio de Emprego, o número de persoas desempregadas en Galicia é de 185.013, unha cifra algo menor que nos últimos anos (un descenso do 1,16 por cento) e, tal e como lembra Eva Solla, “son datos que non poden venderse en positivo, é máis, só ocultan a verdadeira problemática do debilitado mercado laboral. En Galicia, a maior parte do emprego novo que se crea é precario.

Eva Solla: "Un discurso dun presidente máis preocupado da súa posición interna no seu partido que polos problemas reais de Galicia"

“O discurso do Sr.Núñez Feijóo deixa claro que nin os servizos públicos, nin a industria , nin os sectores primarios do noso país son a principal preocupación da Xunta de Galicia, xa que o presidente apenas lles adicou unhas palabras” manifesta a coordinadora de Esquerda Unida Eva Solla sobre o discurso pronunciado hoxe polo presidente da Xunta de Galicia.

Eva Solla denuncia a falta de previsión da Xunta de Galicia ante os colapsos nas urxencias

Esquerda Unida denuncia, de novo un ano máis, que a planificación da Consellería de Sanidade brilla pola súa ausencia ante a vaga de gripe, previsible nesta época do ano e que está a colapsar as urxencias en Galicia. Segundo explica a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, “se ben a Xunta traslada cada ano que é normal que se colapsen as urxencias polo incremento de enfermidades de carácter respiratorio, doutra banda, non se fixo ningún tipo de planificación á hora de impedir a situación que estamos a vivir: pacientes esperando por camas nos corredores das urxencias”.

Temas: 

Páginas

Suscribirse a Eva Solla