corredor atlántico ferroviario

Luís Villares recrimina a Feijóo a súa negativa a solicitar o corredor atlántico ferroviario para Galicia

Villares asegurou que non se pode dicir que o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna e Feijóo “sexan do mesmo partido posto que están en posicións radicalmente diferentes os dous prexudicando a Galicia”. O voceiro de En Marea explicou que a Comisión Europea “declarou financiable o tramo ferroviario Monforte-Palencia, que sería a vía de saída para as mercadorías galegas cara a Europa”. Luís Villares sinalou na sesión de control ao presidente que para que Europa financie esta infraestrutura hai que cumprir un requisito: “que o goberno español solicite a Europa esta financiación”.

Suscribirse a corredor atlántico ferroviario