Galicia

Esquerda Unida agarda que se poñan en marcha á maior brevidade os mecanismos que garantan o proceso electoral de En Marea

Compostela, 3 de decembro de 2018. Respecto aos acontecementos que impediron o desenvolvemento do proceso de votación para as eleccións internas de En Marea, que ían celebrarse esta fin de semana, actualmente en situación de suspensión indefinida.

Dende Esquerda Unida levamos tempo traballando xunto con outros actores e colectivos na procura dunha En Marea como espazo plural e diverso quen de acoller a confluencia como motor da unidade popular.

En Marea insta impulsar un plan de emerxencia para por fin aos feminicidios

O grupo parlamentario de En Marea salientou o novo éxito de participación das manifestacións e concentracións no noso país no 25N contra as violencias machistas.  A deputada Paula Quinteiro considerou fundamental acabar coa máis grave das manifestacións destas violencias como son os asasinatos de mulleres para o que considerou indispensable sacar adiante un plan integral que loite contra todas as formas de violencia machista xa que é o único camiño posible.

Esquerda Unida denuncia o abandono da Fiscalía ás mulleres vítimas de trata co arquivo dunha parte da ‘Operación Carioca’

A responsable da Área de Muller de Esquerda Unida, Raquel Bernárdez critica, dunha banda, “o abandono da Fiscalía a mulleres vítimas de trata en situación de vulnerabilidade” e, doutra banda, “a inacción por parte do Concello de Lugo e a Xunta de Galicia, que deciden non presentarse como acusación particular”, unha medida contemplada no artigo 125 da Constitución Española.

O Parlamento impide que a cidadanía poda dicir a que destinar os cartos públicos como pedía En Marea

O voceiro subliñou tamén o intento do seu grupo de levar ao Parlamento a necesidade de que se producira un debate de primeira orde como é que a cidadanía poda debater sobre a que é mellor dedicar recursos públicos se ao pago da débeda aos bancos ou a recuperar un nivel de investimento aceptable en servizos sociais, emprego, mocidade, sanidade…

Temas: 

Esquerda Unida esixe a equiparación no prezo do billete Avant Ourense-A Coruña a media distancia

Compostela, 13 de novembro de 2018. Os medios de transporte públicos deben garantir a cohesión social e territorial; ou esta debera ser a premisa da administración pública á hora de establecer prioridades. Pola contra, tal e como sinala a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, “Galicia adoece desta cohesión que, lonxe de expandirse, estase a reducir cada vez máis, priorizando a comunicación só entre grandes núcleos”.

Esquerda Unida súmase e chama a participar na mobilización deste sábado 10 de novembro pola devolución do Pazo de Meirás

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea, acudirá á marcha e concentración.

Esquerda Unida, unha das organizacións convocantes, súmase e fai un chamamento á participación na quinta marcha que organiza a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) coa fin de reclamar o pazo de Meirás para o dominio público e na defensa da Memoria histórica e democrática do noso país e contra a impunidade franquista.

Esquerda Unida reúnese coa Comisión Europa e denuncia a desidia da Xunta ante a contaminación por lindano no Porriño

Bruxelas, 8 de novembro de 2018. Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea, Pedro Ocampo, concelleiro de EU Son Porriño, xunto a europedutado Javier Couso, estiveron reunidos esta mañá con Humberto Delgado Rosa, representante da Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea, en Bruxelas, coa fin de trasladar a problemática da contaminación por lindano.

En Marea denuncia o rodillo de PP e PSOE e reclama rigor para que o acontecido no Marisquiño non se repita

“Falamos dunha cuestión moi seria, pois non se trata de algo que afecte unicamente aos vigueses e viguesas”, indica a vicevoceira do grupo parlamentario de En Marea, que destaca a necesidade de realizar unha análise exhaustiva do acontecido, así como do marco lexislativo aplicable, para que algo similar non volva acontecer no futuro en ningún espectáculo.

Temas: 

Páginas

Suscribirse a Galicia