Galicia

En Marea presenta as súas propostas medioambientais para Galicia

Fronte a este tipo de prácticas habituais nos gobernos do Partido Popular, o candidato de En Marea á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, defendeu un programa que permitirá demostrar que o valor verde non está rifado co azul do mar, coa industria, coa produción, co turismo, cun futuro sustentable para este país. “Temos políticos tóxicos para Galicia e o seu ata agora Feijóo foi a súa peor bacteria.

En Marea participa en Tui nunha homenaxe aos represaliados do franquismo

O acto, organizado pola Comisión Cidadá pola Verdade do 36,  celebrouse pouco despois da unha da tarde no monumento que Silverio Rivas adicou ás vítimas do franquismo na alameda de Santo Domingo e consistiu na tradicional ofrenda floral que, ano tras ano dende 1999, reivindica e mantén viva a memoria daquelas que o perderon todo loitando pola xustiza, a igualdade e os dereitos da xente común.

En Marea garantirá uns prezos mínimos para o leite e unhas rendas salariais dignas no ámbito rural

En Marea reuniuse con representantes de diferentes organizaciós gandeiras co obxectivo de falar das problemáticas ás que se enfronta o sector “como a falla de garantía duns prezos mínimos do leite ante a inacción da Xunta de Galicia para regular eses prezos e evitar os cárteles que pactan á baixa eses prezos” como denunciou o candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares.

Temas: 

Rafa Cuiña: "Ninguén vai quedar sen luz nin auga por non poder pagalas"

Rafa Cuiña recalcou a aposta de Compromiso por Galicia e do seu goberno municipal polas políticas sociais. O rexedor resaltou o acordo que o Concello de Lalín promoveu e negociou coas empresas proveedoras de auga e electricidade. “En Lalín ninguén vai quedar sen luz ou sen auga por non poder pagalas. Esa é a nosa política. A política de Compromiso por Galicia. Compromiso é o partido ao que hai apoiar o 25 de setembro se Galicia quere apostar por un goberno responsable e galeguista”.

Luís Villares: “En todas as provincias temos probas da miseria moral e política de Feijóo e o seu goberno que provocou sufrimento na xente co único obxectivo de cumprir coa Troika”

O candidato á presidencia da Xunta falou do engano a que foi sometida á cidadanía a quen se lle convenceu de que non había alternativas a comprar unha vivenda e ninguén nos desenganaba e os que si advertían da burbulla inmobiliaria os acusaban de non saber do que falaban.  Un engano para poder continuar facendo negocio e aumentando o prezo das vivendas.

Temas: 

En Marea participou esta mañá na manifestación convocada por SOS Sanidade Pública en Vigo para reivindicar o rescate do sistema sanitario do PP

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, xunto coa cabeza de lista por Pontevedra, Carmen Santos, e os candidatos e candidatas Marcos Cal, Eva Solla, Juan Merlo, Julia Torregrosa e Carlos Meixome, participaron esta mañá na manifestación romaría convocada por SOS Sanidade Pública en Vigo para reivindicar o rescate do noso sistema sanitario público atacado polo goberno de Núñez Feijóo a través das privatizacións e os continuos recortes.
 

Páginas