Galicia

A Fundación 10 de Marzo de CC.OO. celebrou os seus 25 anos ao servizo de Galicia e da memoria obreira

O nome da Fundación remóntase aos sucesos acontecidos en Ferrol o 10 de marzo de 1972, cando a policía franquista reprimiu con disparos unha manifestación obreira, causando a morte de dous militantes de CCOO —Amador Rey e Daniel Niebla— e deixando ducias de persoas feridas de bala. Comisións Obreiras conmemora cada ano esa data como o Día da Clase Obreira Galega.
 

Tres deputados provinciais do BNG déronlle o control do principal monumento da prehistoria galega ao Partido Popular

Soto, en declaracións á prensa, anunciou en público a non renovación do acordo de xestión, aducindo a existencia "dunha serie de informes internos de Patrimonio e Arquitectura que non aconsellaban a renovación o do convenio tal e como se estaban realizando as actividades" e axistencia de "cousas nas formas, sempre baseándonos nos informes técnicos, que se están levando a cabo, pero que non se estaban facendo conforme á necesidade de coidar o patrimonio" porque "preservar os valores patrimoniais é o principal, máis que xuntar 5.000 persoas" porque "isto non é un centro comercial nin un esta

Xabier Ron critica o baleiro creado polo PP con respecto ás políticas públicas culturais e a xestión "totalmente neglixente" dos parques arqueolóxicos

Na súa intervención, Xabier Ron centrouse na situación actual provocada polo Partido Popular. "Asistimos a un auténtico baleiro no tocante a políticas públicas culturais sometida ás leis do mercado, o que fai que á cidadanía quede afastada, relegada no dereito ao acceso da cultura" -afirmou-.

Alternativa Galega de Esquerda impulsa un acordo parlamentario contra os paraísos fiscais

O Grupo Parlamentario de AGE acadou o seu obxectivo na Comisión de Facenda do 23 de xuño, na que todos os grupos parlamentarios votaron a prol da iniciativa que buscaba contenar a existencia dos paraísos fiscais, "que fan parte das estruturas económicas que producen desigualdade no mundo".
 

Páginas