Os informes da Valedora do Pobo presentados ao Parlamento de Galicia demostran que participou na elección de da irmán do voceiro do PP

08/07/2018

En Marea esíxelle ao PP que deixe de encubrir á Valedora e as prácticas corruptas na Administración. 

Milagros Otero Parga na toma de posesión do cargo de Valedora do Pobo / Xunta de Galicia
A Valedora do Pobo presentou o pasado xoves ante o Parlamento de Galicia unha sería de documentos que, segundo a súa versión, a exculpaban da elección de María Puy Fraga, irmá do portavoz parlamentario do PP e filla do mentor da propia valedora. Examinada esta documentación, na mesma se pode aprezar que a Valedora do Pobo seguiu intervindo no proceso de selección tempo de despois de ter anunciada a súa abstención do mesmo.
 
Segundo explicou o voceiro de En Marea, Luís Villares, a "Valeduría do Pobo non pode continuar con este desprestixio e coa corrupción que supón enchufar a unha amiga e logo mentirlle ao Parlamento de Galicia sobre a abstención no proceso de selección".
 
Luís Villares sinalou que a revisión da documentación presentada pola valedora ao Parlamento significa "exactamente o contrario do que dixo diante da comisión". Nesa documentación presentada, recólles o documento con data 25 de xaneiro de 2016 no que expresa a súa abstención de participar no proceso de selección da praza de xefe de servizo. Sen embargo, na mesma documentación aportada á comisión figura un informe de 4 de marzo de 2016, un mes e medio despois de que a valedora anunciara a súa abstención, e nel a valedora dá "instruccións sobre o que ela considera de especial importancia para o óptimo desempeño das funcións desa praza e sinala que preferencias, valoracións e méritos deben ser tidos en conta con máis intensidade para o posto que se vai desempeñar". Sinala tamén Luís Villares que "en teoría, a valedora levaba mes e medio sen participar no proceso".
 
Esta información de que Milagros Otero seguía participando mes e medio despois de anunciar a abstención no proceso de selección que favorecería a María Puy Fraga "avala unha vez máis a petición de cese da valedora por ter actuado con desviación de poder, de maneira arbitraria e con absoluto desprezo dos méritos dos demais aspirantes". Ademais, para o voceiro de En Marea, "a valedora vulnerou dereitos fundamentais tal como recolle a sentenza".
 
Para En Marea é hora de esixir que a valedora "poña a disposición do Parlamento e de todas as deputadas e deputados e que o faga antes da celebración do vindeiro pleno", que terá lugar o martes próximo.
 
Noutro sentido En Marea considera que o Partido Popular non pode seguir "protexendo á valedora como fixo na comisión do pasado xoves", mantendo un sistema "corrupto no que se pagan os favores de nomeamentos enchufando aos amigos".