Compromiso por Galicia alerta da perda de postos de traballo no sector da pesca

28/12/2017

A formación alerta de que Galicia quedou fora das rotas europeas de mercancias por decisións políticas, tema que no futuro terá tamén fondas consecuencias a nivel económico.

CxG demanda un pulo que favoreza ao sector pesqueiro galego / Creative Commons
As negociacións futuras sobre o Brexit teñen que ter como un dos puntos fortes a pesca. Recentemente, indican, non se chegou a un acordo para a renovación de licencias pesqueiras nas augas da Guiné-Bissau, situación que pode ter unha repetición no futuro coa non renovación noutros importantes caladoiros para a nosa frota. 
 
O secretario xeral de CxG, Piñeiro Docampo, anunciou que levará este tema a Bruxelas a través da eurodeputada dos galeguistas na cámara Izaskun Bilbao e indicou que neste campo, non se ten avanzado nada nos últimos tempos, sendo nula a acción política sobre este tema por parte dos actores implicados: Xunta, estado central e europarlamentarios como Pepe Blanco ou Francisco Millán Mon.
 
Esta situación pode levar nun futuro a unha grave situación no país, ante a falla de alternativas reais pola perda destes caladoiros e a inexistencia dun proxecto que relance aos portos de Vigo, Coruña e Ferrol como uns dos mais importantes do noroeste penínsular.
 
Diante desta situación o partido dos galeguistas pide a colaboración entre as administracións implicadas e un acordo de País para defender este piar da economia.
 
Os galeguistas propoñen un acordo de País, xa que os resultados do Brexit, tamén afectaran a mais portos como os de Celeiro, Burela, Marin ou Vilargacia de Arousa, moitos deles chaves nas economias de moitas comarcas o que afectará postos de traballo e moitas economias familiares.