Carlos e Serafín: o indulto que non chega

O pasado xoves 15 de xuño tivo lugar a concentración que mes tras mes veñen facendo os tres sindicatos maioritarios da Galiza, CIG, CCOO e UGT, para esixir que dous traballadores, dous compañeiros, sexan indultados tras unha sentenza inxusta que os condea a ingresar en prisión por exercer o seu dereito a folga.

Antes de rematar a concentración o secretario comarcal da CIG, Alberto Gonçalves, dirixiu unhas verbas cas que amosou a "determinación de loitar de maneira permanente en defensa da clase traballadora" fronte á represión exercida contra Carlos e Serafín, dous nomes concretos da represión que "padecemos o conxunto da clase traballadora": excercita pola patronal, "cada vez mais envalentonada grazas ás reformas antiobreiras impostas polo PSOE e polo PP", e polos gobernos do PP na Xunta e en Madrid "que se afanan en sofocar calquera protesta, en intentar silenciar a máis mínima mostra de discrepancia, criminalizando a loita social e, especialmente, a sindical".
 
Fronte a esa política institucional da que non se agardan cambios Alberto chamou á organización sindical posto que "é indispensábel ter un movemento obreiro potente, organizado e compacto" que poida "dar resposta en chave de mobilización e conflicto, para plantar cara a cada agresión, a cada recorte, á violencia represiva do poder".
 
"Só actuando de maneira conxunta, como clase traballadora poderemos impedir que ningún traballador, que ningunha traballadora, teñan que padecer nunca máis o calvario e a inxustiza que padecen desde hai varios anos os compañeiros Carlos e Serafín" afirmou antes de berrar con todas e todos: "Carlos, Serafín, ¡Indulto xa!".
 
 

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
Al enviar este formulario, usted acepta la política de privacidad de Mollom .