Esquerda Unida fai un chamamento á participación na manifestación da plataforma Queremos Galego. Mércores 17 de maio

17/05/2017

Esquerda Unida fai un chamamento á participación na manifestación de 17 de maio ás 12 horas na Alameda de Santiago de Compostela, convocada pola plataforma Queremos Galego baixo o lema “En galego sen límites”.

Esquerda Unida apoia unha manifestación mediante a cal a plataforma cidadá pretende poñer en evidencia os obstáculos para “vivir en galego”, así como a necesidade de superalos colectivamente. “A mobilización a prol da plena normalización lingüística do galego é hoxe máis necesaria que nunca, ante a realidade dun goberno autonómico do PP que, fronte á obriga legal de promoción e defensa do galego, converteuse nestes últimos nove anos no principal artífice do retroceso do mesmo”, sinala Roi Rodríguez, coordinador da área de Educación de Esquerda Unida.

Esquerda Unida sinala así mesmo, unha nova regresión do proceso de normalización lingüística do galego na administración debido, en boa medida, á chamada Lei de Transparencia, que obriga a que administracións como os concellos teñan que publicar toda a documentación en castelán.

Por iso, como primeiro paso para avanzar cara unha política encamiñada á defensa e promoción da lingua galega, é lograr o pleno desenvolvemento do Plan Xeral de Normalización Lingüística, aprobado unánimemento polo Parlamento Galego en 2004. A aplicación deste implicaría a derrogación automática do Decreto de Plurilingüismo, de efectos demoledores, sobre todo na educación infantil.

Añadir nuevo comentario

Comentarios

Plain text

  • No se permiten etiquetas HTML.
  • Las direcciones de las páginas web y las de correo se convierten en enlaces automáticamente.
  • Saltos automáticos de líneas y de párrafos.
Al enviar este formulario, usted acepta la política de privacidad de Mollom .